Sermos Galiza sairá o 26 de abril

Contará cunha redacción de cinco xornalistas e centrarase, principalmente, en Economía, Política, Movementos Sociais e Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2012 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O novo proxecto xornalístico impulsado desde distintos estamentos políticos, sociais, culturais e sindicais do país xa ten data de saída; será o vindeiro 26 de abril cando comecen a súa andaina dixital. Con todo, haberá que agardar ata o vindeiro 17 de maio para que o semanario en papel vexa a luz segundo teñen informado accionistas do proxecto a GC.

None

 

O vindeiro 22 de abril terá lugar unha Xunta Xeral de accionistas no Hotel Araguaney de Santiago onde se dará conta deste novo proxecto xornalístico impulsado por parte da esquerda nacionalista. A idea orixinal era botar a andar o dixital este pasado 17 de abril pero, finalmente, problemas loxísticos e técnicos retardaron o lanzamento.

 

Redacción

 

Con todo, xa se coñece a redacción coa que contará Sermos Galiza. Serán, finalmente, cinco xornalistas, tres dos cales xa teñen colaborado tamén no Galicia Confidencial, e disporá dunha rede de persoas colaboradoras. Segundo contan na súa web, os responsábeis de botar a andar o xornal teñen "un perfíl variado e con intereses profesionais en distintos ámbitos comunicativos".

 

Deste modo, Xesús Manuel Piñeiro, ocuparase dan sección de economía "á que Sermos quere darlle o relevo que merece no momento de crise e desfeita do mundo laboral que vivimos". Pola súa banda, Rodri Suárez --quen ata fai dous meses mantiña unha columna de opinión no GC-- será o responsábel da coordinación da área política, unha sección que "se abre aos distintos aspectos sociais, organizativos e institucionais do acontecer galego".

 

ONG's e cultura

 

Do mundo das organizacións non gubernamentais e o cooperativismo, con formación en temas de xénero e conciencia feminista, incorporarase Beti Vázquez para levar a área social do xornal. 

 

Sermos Galiza quere darlle moita importancia ao mundo da cultura con "propostas, iniciativas, protagonistas e análise da política institucional na tradición do xornalismo galeguista e nacionalista". Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo, que tamén colaborou até hai nada co GC, serán os xornalistas que se encargarán desta sección e tamén se centrarán noutras áreas coma a preocupación pola recuperación da memoria histórica.

 

Capital de 320.000 euros

 

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informou un dos impulsores do proxecto, Néstor Rego, quen destacou a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

 

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, entre as que destaca o sindicato nacionalista CIG. Con todo, no grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista, entre os que salienta a UPG. Polo de agora a presidenta do proxecto é a escritoraTeresa Moure, que foi nas listas da Alternativa pola Unidade (APU), a plataforma que gañou as dúas últimas asembleas nacionais do Bloque.

 

GC aproveita para felicitar a saída deste novo proxecto e para desexarlles aos profesionais que se encargarán de levalo adiante moita sorte nesta nova andaina xornalística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

13 Antón

Moita sensibilidade coa sección de ONGs e feminismo. Moitas ONGs sirven a quenes as financian (o delegado de area de América de Amnistia Internacional é xefe do dabinete de Hillary Clinton). E as unecas mulleres que precisan emanciparse son as proletarias. Rosalia Mera está liberada de abondo, e se precisa liberarse de celulitis vai a facerse unha liposución nunha clinica de alto standing. O discurso feminista está en moitos casos embuido de virús pequeno burgués, e persoas coma Pajines a Aidos se apropian do dereito de falar en nome da condición feminina, canda sua condición non ten nada que ver coa da miña nai que limpaba chans a 5 euros a hora.

1 Shin Chan

Deixa ás feministas tranquilas Antón, que ti diso non sabes. Ti soluciona a túa celulite na "célula" da UPG. E non menciones á túa nai que aínda che ha de dar coa fregona na cachola.

12 pinchorla

Si se fai porque se fai, se non se fai porque non se fai.Nonhai quen entenda a ninguén. Supoño que a saída dun novo medio nacionalista é para sealedar. Dádeñe leña aos populares que son os malos, e non xuzguedes antes de que saia á rúa un novo medio.

11 Xornalista en paro

Rodri Suárez. É un gran profesional. Mais no tema do BNG véselle moito o plumeiro, polo menos en canto á opinión. Publicou un famoso artigo posicionándose en contra de todo "disidente" a raíz da Asemblea Nacional. Opinión completamente lexítima que ten dereito a ter, aínda que me pareza absolutamente desacertada. Mais esperemos que non inflúa no seu traballo informativo. Está por ver. Dende logo non é o xornalista máis receptivo a novos proxectos e alternativas políticas. Espero que non teña que decir que sigo o Sermos Galiza só pola sección de Cultura. Espero que non se convirta no que algúns prognostican como "Sermóns Galiza". En todo caso moita sorte ou moita "merda" neste novo proxecto.

1 Veseche o plumeiro

O feito de chamares "disidente" aos que ti apoias xa indica o teu sectarismo. Nin que fose obrigatorio falar mal do BNG e ser "receptivo a novas alternativas políticas" que moitos consideramos como vellas.

2 Antón

Ou seña.....que non influe no seu traballo informativo, si se axusta a tua opinión? Mal atoparemos a verdade se queremos que sempre coincida cos nosos intereses.

3 Censura, non grazas

O clientelismo non é exclusivo do PP. Hai mostras claras alí onde o BNG ten poder (os da UPG, e tamén os de + Galiza e os Irmandiños que se foron/estanse indo nun proceso prolongado polos medios). Pode ser por iso que Rodri Suárez fixo méritos ante o señor? Seguramente agora entendemos mellor aquel polémico artigo. O tempo, xa se di, pon a cada un no seu lugar.

4 DANTON

Desacertado, emerxente, disidente, demócrata: Nunha festa nas aforas de Santiago unha moza de aldea, emerxente e con lexítimas aspiracións sociais, bailaba cun estudante que a pisou desacertadamente, vamos, que lle esmagou o pe. O estudante díxolle –sufres vida?-, e a moza contestou, no mesmo nivel intelectual e modernidade que o xornalista en paro reclama do BNG, -por momientos-. Pasou a guerra e pasaron as camadas daquela moza solteira e os pormomientos multiplicáronse e encheron a terra de Santiago de pormomientiños eufemísticos e paveros.

5 Xornalista en paro

Antón, non entendo o que dis. Penso que eu me expresei de forma bastante clara, e non valorei o seu traballo informativo (aínda non se coñece no Sermos), nin dixen que sería mellor se a súa opinión coincida co meu pensamento (non cos meus intereses, que non teño intereses particulares). Censura non, grazas.

6 ...

E tampouco se entende o de Danton. Que se explique porque o que entendo é que compara o nacionalismo crítico e alternativo cunha moza de aldea, non sei de que aldea nin de que tempo, seica parva, polo "eufemístico e pavero". Metáfora machista e ofensiva para mulleres e ex militantes? Recórdame algunhas críticas de hai días a certo líder político...

7 Shin Chan

Antón é así ho! Non vos enfadedes.

10 noxento

Se o tempo e forzas que perden algúns en poñeren verdes a ex-compañeiros, o adicaran a estruturar unha nova alternativa, xa terían medio gañadas as vindeiras eleicións... vaia imaxe máis galegueira e representativa de porque *s galeg*s só valemos pra bestas de carga ou sipaios... NON VOS CANSEDES, NON

9 DANTON

Espero que cando informen da marcha, individual ou colectiva, de militantes do BNG, aseguren que non é a 5º ou 8ª vez que marchan. Xa chega de cazurrerías españolas e de folk mesetario: Y aquí va la despedida...Cando están que se van que se van e non se teñen ido...Teño dúbidas de que o BNG teña tantos militantes activos como os que comunican a saída eterna.

1 Shin Chan

No BNG os militantes activos aproxímanse a cero. Outra cousa son os que cobran; disos hai algúns máis, con tendencia á baixa. Os que non cobran non fan nada.