Sermos Galiza sairá o 26 de abril

Contará cunha redacción de cinco xornalistas e centrarase, principalmente, en Economía, Política, Movementos Sociais e Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2012 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O novo proxecto xornalístico impulsado desde distintos estamentos políticos, sociais, culturais e sindicais do país xa ten data de saída; será o vindeiro 26 de abril cando comecen a súa andaina dixital. Con todo, haberá que agardar ata o vindeiro 17 de maio para que o semanario en papel vexa a luz segundo teñen informado accionistas do proxecto a GC.

None

 

O vindeiro 22 de abril terá lugar unha Xunta Xeral de accionistas no Hotel Araguaney de Santiago onde se dará conta deste novo proxecto xornalístico impulsado por parte da esquerda nacionalista. A idea orixinal era botar a andar o dixital este pasado 17 de abril pero, finalmente, problemas loxísticos e técnicos retardaron o lanzamento.

 

Redacción

 

Con todo, xa se coñece a redacción coa que contará Sermos Galiza. Serán, finalmente, cinco xornalistas, tres dos cales xa teñen colaborado tamén no Galicia Confidencial, e disporá dunha rede de persoas colaboradoras. Segundo contan na súa web, os responsábeis de botar a andar o xornal teñen "un perfíl variado e con intereses profesionais en distintos ámbitos comunicativos".

 

Deste modo, Xesús Manuel Piñeiro, ocuparase dan sección de economía "á que Sermos quere darlle o relevo que merece no momento de crise e desfeita do mundo laboral que vivimos". Pola súa banda, Rodri Suárez --quen ata fai dous meses mantiña unha columna de opinión no GC-- será o responsábel da coordinación da área política, unha sección que "se abre aos distintos aspectos sociais, organizativos e institucionais do acontecer galego".

 

ONG's e cultura

 

Do mundo das organizacións non gubernamentais e o cooperativismo, con formación en temas de xénero e conciencia feminista, incorporarase Beti Vázquez para levar a área social do xornal. 

 

Sermos Galiza quere darlle moita importancia ao mundo da cultura con "propostas, iniciativas, protagonistas e análise da política institucional na tradición do xornalismo galeguista e nacionalista". Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo, que tamén colaborou até hai nada co GC, serán os xornalistas que se encargarán desta sección e tamén se centrarán noutras áreas coma a preocupación pola recuperación da memoria histórica.

 

Capital de 320.000 euros

 

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informou un dos impulsores do proxecto, Néstor Rego, quen destacou a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

 

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, entre as que destaca o sindicato nacionalista CIG. Con todo, no grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista, entre os que salienta a UPG. Polo de agora a presidenta do proxecto é a escritoraTeresa Moure, que foi nas listas da Alternativa pola Unidade (APU), a plataforma que gañou as dúas últimas asembleas nacionais do Bloque.

 

GC aproveita para felicitar a saída deste novo proxecto e para desexarlles aos profesionais que se encargarán de levalo adiante moita sorte nesta nova andaina xornalística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

8 Nandiño

Sermón Galiza e Berra a Tempo os voceiros oficiais da UPG, logo de que pechara Galiza Nación-Carrumeiro

7 Manuel

Eu son dos que me fun do BNG polo sectarismo da UPG, agardo que neste proxecto permitan á xente traballar con libertade para que poida mercalo xornal e apoia o proxecto. Para iso non axudan moito os talibáns que andan por aquí chamándolle españolistas a todo aquel que non concorda coa liña da UPG

1 Darwin

Non o compres. O primeiro que fai sectarismo é o que acusa de sectarismo a outros (os das cisóns son os primeiros que falan dos comunistas como se fosen apestados). Dime de que acusas a outros e direiche exactamente a tua patoloxía. Iso, non o compres, ainda mellor, non o leas. Ti a tua leira e cada un a sua, como compre. Se queredes darwinismo, sexa, que fale Darwin.

2 Tamén Darwinista

Especies extintas por seren incapaces de adaptarse ao medio: A nosa Terra, GZnación. Especias que evolucionaron e sobreviven: Novas da Galiza, Tempos Novos, GC, etc.

3 Gustavo

Os que citas son xornais, mensais, o que sexa, donde ninguén cobra un duro, non é comparable. Terán boa intención, pero non son medios profesionais, esa é a "petite difference" ou como se diga.

4 Darwin

Ui si, Tamén Darwinista, todas da corda dos non-sectarios, eh? Sobre todo Novas da Galiza, que debe ser o mais afastado deles que hai en papel. Hai unha dúbida que eu teño, o parecido cada vez mais brutal de FD con Pedro Jeeta non é casualidade (o nicho biolóxico existe, chega alguén e o enche), a única diferenza polo de agora é que Pedro Jeta recibe pienso de Italia, e teño bastante curiosidade de onde lle vai vir (se non lle ven xa) a FD. Porque o tema do diñeiriño sempre é o tema, daí é onde veñen amores, odios, fobias e fílias. Nada de sectarismos, o problema é ese.

5 Antón

Eso de imparcialidade política non deixa ser mais cun onanismo de neo ghandianos e hippis postmodernos. Vivir e compromiso e tomar partido. A diferenza é que algunhos partidismos políticos coma o de este, caso se axustan mais a realidade dialéctica e a xustiza social. Adiante e viva a loita das ídeas, que a algúns semella terlle medo.

6 Shin Chan

Porqué coa miña cuota de afiliado da CIG se subvenciona este medio partidista? Que o paguen eles do seu peto! Antón, iso de que "se axustan máis á realidade dialéctica" refírese a que van escribir nalgún dialecto non?

6 Rodri Suárez

Agora que xa é oficial quen andamos en Sermos, aproveito para ofrecer dende aquí todo o meu agradecemento e cariño a Galicia Confidencial -e moi especialmente a Xurxo Salgado- por terme dado un espazo para que escribise as miñas cousas. Foi un pracer e un orgullo.

1 xurxosalgado

O pracer foi noso. Sorte no novo proxecto a ti e ao resto de compañeiros.

2 W.B.

Sorte a Rodri e ao resto de compañeiros e proxectos que nacerán nestes meses ou que botaron a andar hai nada.

3 Gustavo

Así se explica aquel artigo defensor a capa e espada da liña oficial do bloque: http://www.galiciaconfidencial.com/... En fin, que vos vaia ben.

4 un de tantos

Se algúns tiñamos algunhas dúbidas ao redor de imparcialidade política de Sermos, agora están totalmente despexadas.

5 Antón

Independentemente do acerto que poidan ter, a valentia e o compromiso de responsabilidade que significa o dar voz ó pobo e a terra nos tempos represivos que estamos a vivir merece todo o agradecemento. Parabens e forza unida as cualidades que tedes demostradas.

6 ...

Voz ao pobo que se deixe domear polo BNUPG. Aos outros, auga. Antón, sectario.

5 Magnummare

Pois eu creo que contarmos cunha publicación escrita en papel(aínda que sexa semanal) en galego está ben, desde calquera punto de vista... Vale que a liña da U tampouco é a que máis me chama pero é que o resto de xornais "tradicionais" que se editan por aquí son todos do PP, entón vendo as alternativas...

4 Bruar

So cabe engadir: xa iba sendo hora de que isto ocurrira, que parecía que non iba ocurrir nunca pero ocurre agora. Veremos en que remata tudo. O que cabe esperar e desexar é que sexa un media aberto e participativo, non sectario. Nada máis ca iso, polo ben de todos os que puxeron cartos dende fai moito tempo. Sermos Galiza tiña que estar na rede dende fai meses, que non estuvera antes é o que me fai repensar o por qué?

1 Repensas?

Ti xa levas tempo tentando desacreditalo, co teu sectarismo habitual.

2 inocente desencantado

Lembramos de ANT ou de TeT que non hai lugar para a discrepancia, logo que che fai pensar que o Sermos vai ser aberto e participativo sendo unha criatura dos mesmos donos?

3 Bruar

Repensas? Síntoo, non te coñezo. Non lembro que con ese nick participaras anteriormente neste medio, e si o fixeches non te lein. Teño que dicirche unha cousa: mintes cando afirmas que eu levo tempo intentando desacreditar SG. Si tes algo no que sustentar a túa afirmación, calquera comentario meu desacreditando a Sermos Galiza mostrao. En caso contrario o único que poderás contar é que o que eu falo non che gusta e por iso mintes. Ah, e unha cousa, eu non son dos que firman cada comentario cun nick diferente, non intenes utilizar iso porque mentirias por duplicado.