Sermos Galiza sairá o 26 de abril

Contará cunha redacción de cinco xornalistas e centrarase, principalmente, en Economía, Política, Movementos Sociais e Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2012 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O novo proxecto xornalístico impulsado desde distintos estamentos políticos, sociais, culturais e sindicais do país xa ten data de saída; será o vindeiro 26 de abril cando comecen a súa andaina dixital. Con todo, haberá que agardar ata o vindeiro 17 de maio para que o semanario en papel vexa a luz segundo teñen informado accionistas do proxecto a GC.

None

 

O vindeiro 22 de abril terá lugar unha Xunta Xeral de accionistas no Hotel Araguaney de Santiago onde se dará conta deste novo proxecto xornalístico impulsado por parte da esquerda nacionalista. A idea orixinal era botar a andar o dixital este pasado 17 de abril pero, finalmente, problemas loxísticos e técnicos retardaron o lanzamento.

 

Redacción

 

Con todo, xa se coñece a redacción coa que contará Sermos Galiza. Serán, finalmente, cinco xornalistas, tres dos cales xa teñen colaborado tamén no Galicia Confidencial, e disporá dunha rede de persoas colaboradoras. Segundo contan na súa web, os responsábeis de botar a andar o xornal teñen "un perfíl variado e con intereses profesionais en distintos ámbitos comunicativos".

 

Deste modo, Xesús Manuel Piñeiro, ocuparase dan sección de economía "á que Sermos quere darlle o relevo que merece no momento de crise e desfeita do mundo laboral que vivimos". Pola súa banda, Rodri Suárez --quen ata fai dous meses mantiña unha columna de opinión no GC-- será o responsábel da coordinación da área política, unha sección que "se abre aos distintos aspectos sociais, organizativos e institucionais do acontecer galego".

 

ONG's e cultura

 

Do mundo das organizacións non gubernamentais e o cooperativismo, con formación en temas de xénero e conciencia feminista, incorporarase Beti Vázquez para levar a área social do xornal. 

 

Sermos Galiza quere darlle moita importancia ao mundo da cultura con "propostas, iniciativas, protagonistas e análise da política institucional na tradición do xornalismo galeguista e nacionalista". Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo, que tamén colaborou até hai nada co GC, serán os xornalistas que se encargarán desta sección e tamén se centrarán noutras áreas coma a preocupación pola recuperación da memoria histórica.

 

Capital de 320.000 euros

 

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informou un dos impulsores do proxecto, Néstor Rego, quen destacou a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

 

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, entre as que destaca o sindicato nacionalista CIG. Con todo, no grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista, entre os que salienta a UPG. Polo de agora a presidenta do proxecto é a escritoraTeresa Moure, que foi nas listas da Alternativa pola Unidade (APU), a plataforma que gañou as dúas últimas asembleas nacionais do Bloque.

 

GC aproveita para felicitar a saída deste novo proxecto e para desexarlles aos profesionais que se encargarán de levalo adiante moita sorte nesta nova andaina xornalística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

3 Xanti

Será iste un Berra e Teima para todos os públicos.

1 Non ao transfuguismo

Tranquilo home que seguro que aparecen moitas noticias de benegoloxía e do Vello Proxecto Parcial. Ou se non sempre podes entrar ti a comentar.

2 inocente desencantado

O dito, será como ANT ou TeT onde non hai lugar para os disidentes. Non, alí os que non imos á misa do papa negro non comentamos, outra cousa sodes os que comulgades con rodas de muiño ao son dunha zarzuela.

3 Papito

6 comentários tardei en ler o de "papa negro", hoxe estades algo lentos!

4 Papito

Mañá mais

2 Akribéstaton

Mais um mídia onde poder prosseguir a minha cruzada contra os perversos e os inimigos da verdade, comodamente sentado na minha cadeira, batendo intrêpido no meu ordenador o meu portunhol da galizia, e sem ter de pôr o pé fora do meu quarto. E também, claro, onde desabafar e desenvolver a minha mestria no insulto retórico e na dialética onanista. É que a minha vida de funcionário parasita não me deixa outra escolha ... para algo sou infinitamente superior inteletualmente ao 99.99% dos galegos.

1 99.98%

aber ken chodís cute

1 De Ribo et Cia

A U resiste! Malia que son contados os galegos desexosos de seren u-informados ou uniformados!