Comezan as obras de mellora en varias estradas arredor da área da Coruña

Os traballos que se están executando teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodaxe naqueles tramos que presentan carencias para prolongar a vida útil do pavimento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2019 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou esta semana as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas da área da Coruña cun investimento de case 600.000 euros. As actuacións dispoñen dun prazo de execución dun catro meses.

Os traballos que se están executando teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodaxe naqueles tramos que presentan carencias para prolongar a vida útil do pavimento. Tamén se complementarán con traballos de reposición de sinalización horizontal.

As obras acométense en vías dos municipios de Sada, Oleiros e Cambre. Tamén levarán a cabo melloras de acondicionamento na que une Sigrás e Muros (AC-400), ao seu paso polos municipios de Laracha, Cerceda e Culleredo.

Estrada.
Estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta