GC Aberto

Unha nova visita de Madrid no Museo Valle-Inclán

Na xornada do xoves 19 de abril chegou un novo grupo procedente de Madrid ata A Pobra do Caramiñal

Por desdepobra (http://www.desdepobra.com) | GC ABERTO | 20/04/2012

Comparte esta noticia

Trátase dun colectivo de veciños que acostuman facer varias viaxes ó longo do ano e que xa visitara as terras galegas en anteriores ocasións, que xa pasaran pola Pobra e que xa visitaran o Museo Valle-Inclán.
Nesta ocasión decidiron incluír novamente A Pobra do Caramiñal no seu itinerario e visitar o museo dedicado ó creador das Sonatas e as Comedias Bárbaras, sendo guiados polas distintas salas pola técnica do centro. Ó remate da visita fixeron unha fotografía de grupo coa que recordar o seu paso por tan emblemático edificio.
Aproveitaron o resto da tarde para percorrer as rúas e outros lugares de interés do centro da vila.

None

http://www.desdepobra.com/desdepobra/MUSEO/2012/museo%20seis/VISITA%20SEIS.html

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta