Cancelados catro voos en Galicia pola folga convocada polo persoal de terra de Iberia

O paro afectará a voos do aeroporto da Coruña e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/08/2019 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Os aeroportos da Coruña e Vigo rexistraron a cancelación dun total de catro voos pola folga convocada polo persoal de terra de Iberia no aeroporto de Madrid, segundo informaron a Europa Press fontes da compañía.

En concreto, cancelouse o voo con saída de Madrid ás 07,25 horas e con destino á cidade herculina e o de saída da Coruña ás 09,20 horas.

No caso de Vigo, cancelouse tamén o voo con destino a esta cidade e saída de Madrid ás 07,35 horas e o que ten fixada a súa saída desde esta urbe ás 09,25 horas.

Por parte de Iberia confirmaron que para a xornada do sábado non haberá cancelacións, algo que vincularon coa diminución de voos durante o fin de semana.

Estas cancelacións obedecen á folga convocada polo persoal de terra da aerolínea no aeroporto madrileño e a súa terminal de carga. Os paros únense aos convocados no Prat (30 e 31 de agosto) e os anunciados en Bilbao (8 e 9 de setembro).

UGT vincula a convocatoria a folga ante o "uso abusivo da eventualidade nas contratacións por parte da empresa, prexudicando gravemente aos traballadores e traballadoras".

Aeroporto de Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo
Aeroporto de Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta