Tiña razón Anasagasti

A verdade é que síntome, como moitas persas, enganado pola imaxe que tiña do noso monarca. Pois, diante moitos compañeiros, e incluso dos meus fillos, defendía que, o actual xefe de Estado, desenvolvía un papel importante como monarca.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/04/2012

Comparte esta noticia

E facía estas afirmacións pois, lembraba a transición democrática e o seu papel no asunto do 23-f, aínda que non esquecía que fora o ditador Franco quen o puxera para sucedelo. Inxenuo de min, tamén pensaba que soio o ditador andaba de pesca nos salmóns, no Azor e cazando algún venado que lle poñían a tiro. Pero, a sorpresa foi que o rei, coa  crise económica  que estamos pasando, crise que nós non creamos pero que pagamos, fora de cacería a matar elefantes. As fotos co rifle ao lado do gran animal caído no 2006, e o asunto da cacería nestes días, amosan que o Sr. Anasagasti tiña moita razón cando falaba no seu libro  “Unha monarquía protexida pola censura” na que acusaba e denuciaba os  excesos  que teñen os monarcas, os  trapos  sucios  e inmoralidades que agochan, e  non sei cantas cousas máis que  dicía  dos Borbóns reinates en España.

E diante os meus fillos, no xantar  familiar do domingo, quedei sen argumentos para xustificar algo que, por moi privado que sexa, é inxustificable. O noso rei de cacería nun país africano, disfrutando e pegándolle tiros a animais separados da manada. Son dos que penso que o cargo público leva consigo unha serie de ataduras e comportamentos que obligan a dar exemplo escrupuloso. E a familia real, sempre tan protexida e ben tratada pola prensa,  anda a dar moito negativo que falar nestes últimos tempos.
 
Cando esto escribo  o Sr. Conde Roa xa presentou a dimisión por ter contas pendentes coa facenda pública, e aínda que é un chisco tarde, dá exemplo e vaise para a súa casa. Por eso,  coas restriccións económicas que estamos a soportar: co paro galopante que afecta, sobre todo, á xuventude, por moi privado que sexan os viaxes da súa Maxestade, o exemplo que lle amosan aos cidadáns é  moi pobre. Eu diría que é  un gran  fiasco. E lembro cando Franco, segundo Arias Navarro último presidente do goberno co xeneralísimo dicía: “mientras los españoles duermen, una lucecita en el Pardo trabaja para nosotros…” referíndose ao ditador. Eran outros tempos, pero agora, cando a moitos persoeiros se lle enche a boca falando de España, das bondades e do que lle debemos “a el rey” moitos somos os que pensamos que, todo eso, resulta ser a xustificación para debuxarnos o cadro o máis fermoso posible, cando en realidade o lenzo esta arrugado e é mais ben feo. Por eso somos moitos os que pensamos que a monarquía ten que someterse ao control e xustificación das contas públicas. Ten que actualizarse e ser modelo no ámeto privado e no público.
 
 En fin, admito que, para min como para a gran maioría das xentes do Estado, este asunto da cacería foi unha sorpresa negativa inesperada. Por eso, apartarse da vida pública cando se mete a pata podería ser unha boa saída; podería ser un bo colofón para  unha época que está superada polos tempos.  Deixar paso a unha persoa moza para que airee á Zarzuela e lle dea un impulso novo a unha monarquía que cada día ten menos sentido de existir pode resultar ilusionante. E si eso non se fai, cada día que pase seremos máis os que pidamos sin rencor, pero sen medo, referéndum sobre Monarquía ou República. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com