Pablo Arangüena: "Os ataques do PP a Caballero é porque saben que van perder en Galicia"

Di que os populaes están "nerviosos" ante os datos das enquisas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, alertou este sábado do "baixo nivel político" que, ao seu xuízo, están a mostrar dirixentes do PPdeG na súa "campaña de ataque" contra o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, unha cuestión que atribuíu ao "nerviosismo" polos datos das enquisas que, segundo el, reflicten que o PP perdeu a maioría absoluta en Galicia.

Nun comunicado, Arangüena indicou que as enquisas son a causa pola que o PPdeG "está a pasar os límites da crítica política" facendo "absurdas acusacións" no que concierne a cuestións como o financiamiento das comunidades.

Así reaccionou un día despois de que o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, criticase ao PSdeG e a Caballero por "defender o indefendible" e "facerlle a pelota" ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, no canto de reclamar unha solución ao problema das transferencias estatais, como, segundo el, xa están a facer outros presidentes de comunidades gobernadas polo PSOE, como Valencia ou as Illas Baleares.

"Falaron reiteradamente dos malos tratos a Galicia nun asunto que afecta por igual a todas as comunidades", reprochou o tamén portavoz do PSdeG, quen lembrou que a Avogacía do Estado xa marcou os límites de actuación dun Executivo en funcións cos orzamentos prorrogados.

MODERACIÓN

Por todo isto, o socialista recomendoulle "moderación" ao presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, e reclamoulle que "deixe de tentar disfrazar e maquillar a asfixia progresiva e a parálise permanente que significan para Galicia o seu dez anos de xestión". "En lugar de botar balóns fóra, que faga o que ten que facer: porse a gobernar e a traballar", indicou.

Así mesmo, Pablo Arangüena criticou directamente que Miguel Tellado estea "a exercer de papagaio político" e esixiulle que "deixe de enlmar a política". "Ten que introducir certa moderación no seu discurso para non acabar abrazando a Santiago Abascal, como outros dirixentes do PP en Galicia", sentenciou o socialista, en alusión á fotografía do candidato popular á alcaldía da Guarda durante a estancia de líder de Vox en Galicia este verán.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta