Se non limpas a finca: multas de 100 a 3.000 euros

O Concello de Ponteceso adiantase á Xunta e comeza a colgar carteis nas fincas dos propietarios que non as limpan. "En Galicia nunca nos puxemos en serio coa ordenación do catastro e hai moitas casuísticas difíciles de resolver", di o alcalde.

Por Galicia Confidencial | Ponteceso | 01/09/2019 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

O Concello de Ponteceso está disposto a facer cumprir, sexa como sexa, a nova lei da Xunta que establece faixas de seguridade en núcleos poboados para paliar os efectos dos lumes. Unha lei que o propio Goberno galego está tendo dificultades para facer cumprir.

Carteis informativos que o Concello de Ponteceso está poñendo nas leiras que incumpren a nova lei da Xunta sobre faixas de seguridade para evitar lumes
Carteis informativos que o Concello de Ponteceso está poñendo nas leiras que incumpren a nova lei da Xunta sobre faixas de seguridade para evitar lumes | Fonte: QPC

Pero este concello da Costa da Morte puxo xa en marcha unha campaña de control de Biomasa nas fincas a comezos de verán, enviando ata 9.000 cartas informativas a propietarios. Pero ante o pouco éxito colleitado, deciciu dar un paso máis e iniciou unha atrevida campaña en parcelas en zonas urbanas.

Tal e como informa o xornal colaborador Que Pasa na Costa, o consistorio comezou a poñer carteis nas propias fincas que incumpren a lei advertindo e informando aos seus titulares para que sexan conscientes de que “as leis están para cumplilas”.

“Alguén terá que empezar a facelo, e non é co ánimo de ser o primeiro nin por perxudicar a niguén, é co ánimo de evitar calquera incendio”, destaca Faustino Santiago, concelleiro do PSOE de Ponteceso, responsable do GES, e consciente de que é unha medida pioneira en Galicia.

"BOA ACOLLIDA"

E por agora, a cousa non vai mal. Non están recibindo malas caras da veciñanza, máis ben ao contrario. “Está tendo boa acollida. Hai que ter en conta que é unha lei que o normal é que fosemos acatando. Esperamos que a xente vaia comprendendo, e creo que á larga imos saír todos beneficiados”

A normativa incide na necesidade de xestionar estas franxas hai que facer unha xestión, hai que manter a maleza controlada pero ademais intentar sacarlle rendibilidade para manter vivo o rural. “A idea é que se limpe de maleza, pero que tamén se pranten árbores autóctonas. Onde hai un carballo ou un castaño, hai sombra, e o normal é que non naza toxo, haberá herba", apunta o concelleiro. 

DIFICULTADES

Unha vez que o propietario dunha finca vexa o carteliño informativo, poderá achegarse ao concello para recibir información sobre como ten que actuar. Pero as causísticas son moi variadas, como explica o alcalde, Lois Carballido. “É bastante complicado de xestionar por parte dos concellos pequenos falando en materia administrativa. En Galicia nunca nos puxemos en serio coa ordenación do catastro e hai moitas casuísticas difíciles de resolver: que se non se sabe onde está o proipietario, que se é unha herencia repartida…” explica. Máis información en QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que se os camiños públicos están sen limpar ou as corredoiras que daban acceso ás fincas levan 30 anos a mote e toxo sen que ninguén saiba siquera como chegar ás leiras abandonadas? Que algunhas leiras pecharon o dereito de paso e fixeronse con parte das propiedades abandonadas hai 30 anos? O catastro en Galicia é un puro sacacuartos !!!