GC Aberto

Presentación de Vento galerno e Vaia tropa! escritos por dous ferroláns

Na Feira do Libro de Ferrol presentouse o libro-xogo de poemas de Antón Cortizas “Vaia tropa” (ilustrado por Mª Reyes Guijarro) e a novela de Antonio Yáñez Casal “Vento galerno”.

Por nonsei | GC ABERTO | 23/04/2012

Comparte esta noticia

A presentación o día 20 correu a cargo do editor Manuel Bragado (Xerais) e dos dous escritores, Antonio e Antón, na que cada un fixo unha sinopse moi acaida do libro do seu compañeiro de mesa.

None

O acto resultou, ademais de entretido, impecable a nivel cultural e foi moi interesante para fomentar a lectura destes textos, dirixidos a todos os públicos, e o gusto pola actividade creativa.

Parabéns a Xerais pola súa edición e aos autores.

 

 

Sinopses da editorial Xerais:

Vaia tropa!

Antón Cortizas (Autor), Mª Reyes Guijarro (Ilustradora).

Colección: INFANTIL E XUVENIL. MERLÍN

 

Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un conxunto que non pasará desapercibido ao lector.

Vento galerno

Antonio Yáñez Casal.

Colección: INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO

O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e máis encollido. Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana para unha nova lanzada, algo lle chamou a atención no horizonte. Aló, na parte máis baixa do ceo, confundíndose coas nubes, pareceulle ver terra. Aquilo fixo que Miro anovase a confianza no futuro.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta