A realidade diaria dun neno galegofalante: “Cando falo en galego pregúntanme porque non falo en castellano”

“Coñezo a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos e din que defenden o galego e logo aos seus fillos fálanlle en castellano”, di Artai na súa canle de Youtube. “En Cataluña non teñen este complexo ignorante coa súa lingua”, apunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/08/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Artai é un neno galego que utiliza a súa canle en Youtube para narrar o seu día a día como galegofalante. Unha dura realidade que o frustra moitas veces por ter que dar explicacións nunha cidade como A Coruña de porque fala en galego.

Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube
Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube

Por iso, un dos seus últimos vídeos é sobre a “discriminación” que sofre un neno galegofalante en calquera cidade galega e que, di, “se repiten de xeito pesado ao longo de cada día”. “Cando vou aos campamentos da Coruña e falo galego o normal é que me pregunten porque non falo castellano”, di.

Nunca lles parece normal que non fale castellano. E cando lles digo que falo a miña lingua, a lingua da Galiza dinme que non serve para nada e que a lingua de aquí é o castellano”, sinala sobre a súa relación con outros nenos castelán falantes. “Parece que estes nenos analfabetos na nosa lingua non saben que o galego é moi útil para comunicarnos con outros nenos do mundo”, indica.

"PRACTÍCASE UNHA HIPOCRESÍA LAMENTABLE"

Artai tamén critica a “hipocresía” que existe co galego porque di que coñece a a moitos nenos e nenas que teñen pais profesores e políticos que din que defenden o galego “e logo aos seus fillos fálanlle en casteláns”.

Na sociedade galego practícase unha hipocresía lamentable e isto fártame ao máximo”, conclúe case enfadado comparando a situación de Galicia coa de Cataluña. “Por estas cousas comprobo que a sociedade galega non é seria e non ten nada que ver con Cataluña nin ten ese complexo ignorante que teñen aquí coa súa lingua”, indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

20 anonimo

Pois parece que ninguém diz nada sobre os pais/nais que lhe ensinam os seus filhos “el gallego no sirva para nada”, isso é claro, não é adoutrinamento? Isso é como se dizia nos tempos da ditadura ““HABLE BIEN. Sea Patriota - No sea bárbaro. Es de cumplido caballero que Vd hable nuestro idioma oficial o sea el castellano. Es ser patriota. Viva España y la Disciplina y nuestro idioma Cervantino.”, e se alguém tem dúvidas que procure na internet.

19 anonimo

Aclaro que eu non gusto da exposición das crianzas nas redes ou medios de comunica (incluíndo a televisión). É claro que este neno dis o que ouve do pai/nai, e que estes son bastantes educados, pois se non, que e o que lle hai que dicir a un cativo galego falante que ven dicindo que outros cativos lle dixeron “Por qué no hablas el castellano? El gallego no sirve para nada!”, suas respostas são bem respetuosas “Falo a miña lingua, a lingua da Galiza...lingua oficial na Galiza e moi útil porque nos serve para comunicarnos con outros galegos e con outros países do mundo”. Parabéns ao pai e a nai.

18 Ricardo

Teño ouvido declaracións españolistas e contra o galego dunha nena aínda máis nova ca este neno. A ideoloxía dos seus pais e a escola de monxas á que vai explican esas declaracións. Ogalla Artai fose sobriño meu, orgulloso estaría de telo na familia!

17 Carlos García

Vergoñento. Agora aprovéitanse dos nenos para as súas perversións políticas e lavados de cerebro.

1 Canal Artai

Desculpa, pero se non apoias o que digo dio, non digas que me lavaron o cerebro

16 anonimo5027

Aplicación del método Greta Thunberg, con muchos menos medios y con temática lingüística.