Renfe cancela 28 trens en Galicia este domingo de 'operación retorno' pola folga

Vigo e A Coruña serán as cidades máis afectadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2019 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Un total de 28 trens non circularán este domingo en Galicia en plena 'operación retorno' debido á folga convocada por CXT que xa obrigou a cancelar unha trintena de convois o pasado venres na Comunidade.

Segundo os datos achegados por Renfe a Europa Press, as viaxes afectadas este domingo son 18 trens de media distancia, como o Vigo-Urzáiz-A Coruña das 11,15 horas e o Valença do Minho-Vigo-Guixar das 20,44 horas.

Tampouco circularán oito de longo percorrido (Madrid-A Coruña e A Coruña-Hendaia, por exemplo) e dous convois cuxa circulación estaba prevista para o día 2 (Monforte-Pontevedra e A Coruña-Ferrol).

Con esta convocatoria, CXT reclama un aumento do persoal de Renfe e, ademais, que a compañía aplique de forma acumulada a redución da xornada laboral semanal a 37,5 horas, de forma que se some días libres ao persoal en vez diminuír en 17 minutos o seu tempo de traballo de cada día.

Estación de tren galega. CEDIDA
Estación de tren galega. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta