O Novo Proxecto Común colle forma

Máis Galiza, EI, Acción Galega e EcoGal anuncian formalmente negociacións para "a construción dunha organización política".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/04/2012 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas fixeron hoxe oficiais  os seus contactos, que comezaron hai semanas, para construír unha nova ferramenta política para o galeguismo de esquerdas. Cómpre lembrar que as tres primeiras das catro formacións citadas estaban ou integradas no Bloque até este ano, ou están formadas maioritariamente por ex-dirixentes do BNG.

No seu primeiro comunicado común anuncian que hai acordo para "emprender un proceso de traballo conxunto co obxecto de explorar  as súas coincidencias cara á constitución dunha organización política  plural e aberta".

Polo de agora non entran detalles nas coordenadas programáticas do novo organismo que, no seu caso, resulte destas negociacións. Sábese, iso si, que haberá dúas comisións, "unha das cales traballará no eido programático e o outra no organizativo".

Máis Galiza, liderada por Xoán Báscuas, era o partido máis próximo á socialdemocracia dos que estaban no BNG. Tiña o maior número de concelleiros, pero a maioría dos altos cargos sigue na fronte mentres que a maioría da militancia apostou por marchar tras a vitoria da APU na última Asemblea.

Encontro Irmandiño é o partido de ideoloxía altermundista que lidera Xosé Manuel Beiras, ex-líder do BNG derrotado por unha apretada marxe polo líder da APU Guillerme Vázquez na última Asemblea da fronte.

En Acción Galega, de nova creación, cooperan ex-dirixentes do BNG como Teresa Táboas, Pérez Bouza ou Pérez Lema canda outros militantes, entre os que figura Rafal Cuíña, empresario ex-militante do PPdeG. En principio a súa ideoloxía está próxima ao centro.

Ecogaleguistas é unha nova formación nacida antes das escisións do Bloque e na que colaboran ex-militantes doutros partidos de esquerdas, moitos dos cales tamén participaran na Iniciativa Ben Común, creada ao fío do 15M.

Tras semanas de ruxe-ruxes. o anuncio conxunto de hoxe supón a primeira presentación pública do que se está a chamar "Novo Proxecto Común" do galeguismo de esquerda.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 127 comentarios

32 Aurelios5

Agora que Feijoo perdeu a maioría absoluta según os inquéritos que circulan baixo corda, catro faccións escindidas do BNG poden estragar unha gran oportunidade para remontar o debalo dos últimos anos.

1 feixo vai dado!!

pois que o BNG se disolva e deixe actuar ao NPC, fácil.

2 Bandeira

Non é bon presentarse con tránsfugas.

3 Nilo

O que eu non entendo, e como pensades que unha ampla maioría da poboación vai a votar á UPG en solitario.

4 Torrado Fiquei

A ampla maioría non sabe quen é UPG, nin EI, nin mais non sei que, nin AG, nin pola base, nin EN nin nada de nada. Coñece a marca BNG que leva moito tempo no mercado. Os outros, sen cartos, sen minutos na radio, sen bases, so teñen ao veterano Beiras como activo e aínda así, os rexionalistas dereitosos non o queren. Pouco recorrido ten esa opción. O seu destino é o mesmo que Equo, PCPE e outras escisións de IU que tamén pensaban rascar moito coa Sabanés e nada de nada. Estragar votos. O único que sabe a xente é que no BNG andan a rifar e isto vai prexudicar a todo o nacionalismo e a unha alternativa ao PP.

5 X.M. Barreiro

Hai máis de 200.000 brancos e abstencionistas, a por eles. tarde piaches, consenso antes de amio ou durante, depois ao feito , peito.

6 Zampalaburra

Segundo os celulistas a xente é parva, non sabe. Era boa!

7 Rayleigh

Dacordo contigo Torrado...moitas persoas de por aquí pensan que a xente sabe que é a UPG. Non machiños. A xente (Vamos..os votantes, esas persoas que se levantan as 8 da mañá) só coñecen ó BNG. E estes iluminatis, van e en vez de conseguir xente para diluir o poder da UPG, dentro do BNG, van é lles regalan a marca!! Crise xeralizada, a xente buscando solucións e os colegas de paparotas na cidade da cultura! Zampalaburra..a xente non é parva. A xente impórtalles unha m..da o que vos importa a vos. Sabes? Teñen problemas máis graves que escoitar as pallas mentais dalgúns. Que non é o mesmo.

8 Manuel

¡Manda truco! A culpa é dos medios, @s galeg@s son parvos, o sistema está contra nós..... e agora ven o seguinte capítulo: "a culpa da baixada do BNG será porque hai quen quere presentar novas alternativas", chegado a este punto so me queda afirmar que o que quedou no BNG é profundamente anti-democrático, un niño de tol@s que pensan que @s galeg@s son parv@s. En fin... Agora o mal tan só volo facedes a vós mesmos

9 Rayleigh

Profundamente antidemocrático? Dille o teu camello que non te venda cousas raras. Xa se ve manuel..creo que zampalaburra, falaba da xente a quen apoias. Diches o garrotazo a quen non debías, pero entendo a túa confusión. Non hai ninguén sobre o ceo e a terra que vos entenda. Queres que che diga o que vai pasar? Que algúns das tribos estas, dirán que non estarán dacordo coa forma e se irán botando pestes de todos vos. Así, escisión tras escisión, teremos o summun democrático: unha persoa, un voto, un partido.

10 Ama

Donde van todos estos xenerais sin tropa! menuda desfeita.

11 arre

Rayleigh, chegaches a unha conclusión acertada, pero non te enteraches da descuberta: o que sobran son os partidos, cando cada persoa sexa un voto directo seremos un pouco máis libres. Hoxe os partidos, todos, son o primeiro problema da ausencia de democracia directa. Claro que así quedarán sen choio os chupadores e zánganos da colmea.

12 Rayleigh

Vaites...Ti queres pasar dunha democracia orgánica do atado e ben atado a unha sociedade libre de golpe! Iso está moi ben nos mundos de yupi..Pero non no mundo actual. Tal como están as cousas, chegaríamos o de "eu sen deputado con tantos votos, e que me dás a min (€€€), por que te apoie coma presidente?". Sinto..pero para a abolición dos partidos, aínda queda moito. A unión fai a forza. Esta sentenza é vella coma o mundo. Pero parece que os politiquillos nacionalistas galegos, pensan que o mundo está trabucado.

13 Zampalaburra

Rayleigh a xente sabe que Beiras se foi do BNG. A xente pensa que o candidato é Guillerme, Jorquera non o coñece nindiós (á parte non che vou explicar como tratan de pronuncialo). Os celulistos andan equivocados e moito. A xente non é parva, son parvos os que levan toda a vida vivindo no/do aparato. O BNG non me representa e agardo que este novo proxecto faga mellor os deberes

14 Rayleigh

Quen?? "O Tolo" Beiras? O que agora se alía con persoas que o querían mandar ó frenopático? Ou o que leva 10 anos fóra da política por decisión propia? Vaites!! Se é a mesma persoa! Sintoo rapaz. E dígocho en serio. Eu admiro a figura de Beiras. A quen non admiro é a sombra de Beiras que é o que tedes agora. Polo que leo, parece que credes que ídes romper nas eleccións. Pois nada. Segue agardando..Se as cousas saen mal, sempre se lle pode botar a culpa a axentes infiltrados da U ou os OVNIS. Coma sempre vamos!! Os que máis se queixan son os menos traballadores: Será interesante ver os de EI traballando, por ex., para un candidato de +GZ. Seguro que si. Jorquera, anda de deputado en Madrid, e se vai ser candidato, xa vai sendo hora que volva. Por iso ten agora un perfil baixo. O voso problema é que pensades que a xente non vota o BNG pola UPG. Ben...xa veremos.

15 anti trolls

Os illuminatis neo hippis e suas pixadas postmodernas. Sobran partidos? o que sobran son dummies. A forza dos chamados mercados que non son mais que un conglomerado de 147 grandes empresas, ven pola debilidade dos estados e seus políticos e só néso reside a sua forza. Nada lles gosta mais a burgueses e liberais e neo liberais que un mundo sen políticas nin estados onde poidan actuar sen regulacións (anarcocapitalismo). A sua forza reside na desunión e desorgaización da clase obreira. Non sustituen a todolos traballadores por maquinas porque precisan a quén venderlle os seus productos, mais exercitos e policias privados, xa teñen.

16 néso (gostei do palabro)

Ray e anti-tontonciños, puxeches ti a Jorquera de candidato, tampouco a Rubalcaba ou a Rajoy... Que poder temos os cidadáns para escoller? Zero. Cantos militan en patidos e cantos deciden as listas? Uns poucos, moi poucos. Quen escolle aos ministros, conselleiros, directores xerais...? O candidato do partido ou o partido directamente. Quen nos goberna? O partido. Quen decide? O partido. A iso chámaslle democracia, o mellor dos sistemas posibles? Para os do partido, seguro que si. Experimentar novas vías? Que medo, verdade, mellor que sigan os do partido vendéndonos con discursos dos anos setenta. E que facemos co partido? Seguide negando o paso do tempo, conservadores do partido disfrazados de progres.

17 Zampalaburra

Rayleigh, vexo que os mundos paralelos existen. A min tamén me gustará ver os celulistos traballando, non só insultando a (ex)compañeiros. Vai sendo moita hora de traballar, toca deixar de vivir de rendas. Sorte

18 Rayleigh

jajaja..insultando? Pero se o levades facendo dende hai anos! De feito, dubido moitísimo que saibades facer outra cousa. Ou é que credes que alguén pode conseguir algo, cando os seus propios compañeiros, dedícanse a torpedealo? O BNG, sofrirá si. Pero quitouse un peso de encima que non vexas. E agora teredes ataques de cornos, posto que xa non servides e non sairedes na prensa por que xa non estades no BNG. Deixa a Jorquera en paz. Se non falas de Feijoó, non fales de Jorquera. É de outro partido ó teu. Ou é que non sabes a quen te van mandar votar? Vemos como ós iluminati, non lle gostan as críticas dirixidas a eles, eh?

19 Rayleigh

O que está clarísimo é que o único que vos unía, era o voso odio irracional a outras persoas que non pensan coma vos e que vos saiu mal o voso intento de facerlles o mesmo que vos fixeron a vos, non? Levades anos coa matraca da rexeneración e de facer algo distinto. E despois de 3 meses de marchar do BNG, aínda estades "falando". Ou en cristián: ver que hai do voso, marcar o territorio e quen se poñerá por riba dos outros. Sodes divertidos..a día de hoxe, a pesares do autobombo que vos dades, sodes uns máis dos 15-20 partidos que pululan fora do BNG. Case ná. E os do PP tremendo...pero de risa. Ah..e isto non é "insultar". E dar a miña opinión, aínda que parece que non gosta.

20 ilusion nacionalista

A xente sabe ben que son os da upg, e se non o saben, os que marchamos do bng xa nos estamos encargando a diario de sacarlle a careta aos membros da secta. Lembrade membros da upg-bng, os ate dagora votantes do bng sempre foron as xentes mais formadas do pais, e agora saben de sobra quen se quedaron coas siglas. Amigos ides levar un pau de ca-ra-llo, e o pior será cando en plena campaña eleitoral o NPC apareza reflexado con claridade nas enquisas, nese intre moitos dos actuais alcaldes do bng pediran o voto para o novo partido, o cal suporá a estacada definitiva. Saúde e ide movendo os múculos que boa falta vos vai a facer depois de levar 30 anos sen rañala.

21 Rayleigh

Grazas ilusión. Acabas de demostrar o que puxen na mensaxe 19. Por que escribes o mesmo ca min? O problema coa xente coma ti, é que se vos vai a forza pola boca. A finais de abril, nin programa, nin persoas nin partido. Pero eso si..maioría absoluta dentro duns meses!! Colocando a un señor de 77 anos retirado (el o quiso así) presumindo de esquerdas cun dirixente de dereitas. E que me estás contando? Que os fanboys do NPC, ides andar meses e meses coa matraca da U? Ti flipas. Así ides demostrar que sodes serios? Oes..e do PP nin falamos, non? PArece que Cuíña xa está dando as ordes para manter o PP no poder. Vaia..parece que se vos requerirá outro servizo máis para a causa. Ou que sucedeu ilusión? Que agora vistedes que regalastedes un partido e vos entra o xen maltratador? Se non é de min, non é de ningún?

22 Rayleigh

Ah...e esto dicho unha persoa que non é comunista e sempre deixei claro que eu quero que a UPG DESAPARECESE. Pero vendo a xentiña (por ser suave) que parece que se lle cae a baba por Cuíña, moito teríades que cambiar para que eu vos votara. O malo, é que non hai cartos, seguides co malo costume de deixar todo a 2 meses antes das eleccións e pensades que con iso, ides conseguir, canto? 0 15 % dos votos? Ou vos vale calqueira resultado, sempre é cando sexa por encima do BNG? Ese é o voso obxectivo? Quen (des)goberna o noso país? O PP ou o BNG? Sinto..pero eu voto por min e polo resto dos galegos e Galiza. E vos non me servides para nada.

23 Zampalaburra

Rayleigh tranquilízate e traballa, con teu striptease reafirmas moita xente na decisión de apoiar o novo proxecto. Reitero, sorte

31 Nilo

Saenme críticas ao proxecto cada vez que leo por onde tiran mais prefiro sempre miralo dende un punto de vista constructivo pois se dalgo precisamos deste país é dun proxecto transversal, común. Os pobos que progresan son aqueles nos que os seus membros se axudan entre sí, e hai unha colaboración viva entre todos os sectores da súa sociedade, os cataláns, xudeus, vascos, xaponeses ... Así que ánimo e sorte, precisamos diso nun país dividivo dende dentro e dividido á forza dende fóra.

30 Verón

Moi significativo observar a tanto seguidor do Bloque, criticando duramente o que é lexítimo. Nótase a tensión que o Novo proxecto provoca nos homes de Paco, que botan espuma pola boca, porque ven como o seu partido agoniza por culpa da inutilidade e sectarismo dos seus mandos, ou de patéticos tipo Aymerich.

29 Ruano

Decir que el proyecto del BNG es serio, resulta poco serio. Serio es ser digno de confianza a través de severidad en actitudes y comportamientos........................ Es serio, practicar el nepotismo generalizado?............. Es serio, percibir salarios políticos de desvergüenza social?............ Es serio, cohabitar compartiendo cama con los socialistas españoles?.......... Es serio, mantener en casa a encausados en el caso Campeón?............. y mucho mas........... Si eso es serio, hoy que es domingo, he de marchar a oficiar misa a Inglaterra, pues yo debo ser el obispo de Canterbury.

1 Ama

Ruano, ti non es nin serio nin creible, ti debes ser do PP e pola túa talla intelectual amigo de Raphael Cuiña.

2 Ruano

Si exactamente Ama, como pitonisa no tienes precio has logrado un pleno con tus vaticinios,..... Mira, cuando llegue Gulliver dile que me llame, ya le diré lo que hacer contigo. Ser liliputiense en talla no tienen importancia pero cuando deriva al cerebro es obligado intervenir y tu pareces estar con el mal muy extendido

3 Lubre

Ama, faime caso e retírate. O definidor de coeficientes mentais acaba de aparecer polo horizonte.

28 NPC: NovoPartidoComunista

Encontro Irmandiño que tanto presumeu de ser ULTRAMEGAESQUERDISTA, etc, agora deixa de lado ás FPG, NÓS-UP, FROGA, MOVEMENTO POLA BASE...e vaise coa socialdemocracia. Se cadra, con eles poden apañar máis votos, porque demostran que o único que lles interesaban no BNG era ter poder para poder mangonear e non ofrecer á cidadanía un PROXECTO realmente de esquerdas e nacionalista. Polo seus actos os coñeceredes.

1 espallado man

Meu rei, estaste andiantando aos acontecimentos, eiquí ninguén deixa de lado a ninguén, esto é un proceso aberto e plural, estanse a poñer sementes dun proceso ainda non rematado. O único que non nos gusta, é o borreguismo, o apoltronamento é os ceños fruncidos. Unha aperta e un bico aperturista en conciencia e ilusionante, e ánimo o único que queremos é derrotar a este feixe fascista e miserable da banda do frijol, que malgobernan a patria

2 antiburras

Animosos rima con marchosos. Espallemos alegría e "buen rollito" para sairmos da crise e do asoballamento secular do noso país.

3 Encrobas

Xa ho, sementes nun proceso non rematado..ja,ja,ja. Dillo á FPG, a FROGA, ao MpB...que te cres ti que van ir da man con Cuiña de AG e cos socialdemócratas de +Galiza. Tiña razón un amigo meu da UPG, os de Beiras vanvos deixar soiños, só buscan o poder.