O Novo Proxecto Común colle forma

Máis Galiza, EI, Acción Galega e EcoGal anuncian formalmente negociacións para "a construción dunha organización política".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/04/2012 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas fixeron hoxe oficiais  os seus contactos, que comezaron hai semanas, para construír unha nova ferramenta política para o galeguismo de esquerdas. Cómpre lembrar que as tres primeiras das catro formacións citadas estaban ou integradas no Bloque até este ano, ou están formadas maioritariamente por ex-dirixentes do BNG.

No seu primeiro comunicado común anuncian que hai acordo para "emprender un proceso de traballo conxunto co obxecto de explorar  as súas coincidencias cara á constitución dunha organización política  plural e aberta".

Polo de agora non entran detalles nas coordenadas programáticas do novo organismo que, no seu caso, resulte destas negociacións. Sábese, iso si, que haberá dúas comisións, "unha das cales traballará no eido programático e o outra no organizativo".

Máis Galiza, liderada por Xoán Báscuas, era o partido máis próximo á socialdemocracia dos que estaban no BNG. Tiña o maior número de concelleiros, pero a maioría dos altos cargos sigue na fronte mentres que a maioría da militancia apostou por marchar tras a vitoria da APU na última Asemblea.

Encontro Irmandiño é o partido de ideoloxía altermundista que lidera Xosé Manuel Beiras, ex-líder do BNG derrotado por unha apretada marxe polo líder da APU Guillerme Vázquez na última Asemblea da fronte.

En Acción Galega, de nova creación, cooperan ex-dirixentes do BNG como Teresa Táboas, Pérez Bouza ou Pérez Lema canda outros militantes, entre os que figura Rafal Cuíña, empresario ex-militante do PPdeG. En principio a súa ideoloxía está próxima ao centro.

Ecogaleguistas é unha nova formación nacida antes das escisións do Bloque e na que colaboran ex-militantes doutros partidos de esquerdas, moitos dos cales tamén participaran na Iniciativa Ben Común, creada ao fío do 15M.

Tras semanas de ruxe-ruxes. o anuncio conxunto de hoxe supón a primeira presentación pública do que se está a chamar "Novo Proxecto Común" do galeguismo de esquerda.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 127 comentarios

27 Bandeira

Que pensa do transfuguismo esta "nova" organización política?

1 Manuel

¿Transfuguismo? Eu creo que o ben estás mal da cabeza ou tes a língua chea de veleno. ¿Estades nerviosos? ¿Será que vos vai o prato de lentellas no tema?

26 Tadela

Polo que se vé, aos de Beiras xa non queren aos da FPG (Nós-UP xa pasou deles) e iso que tiñan moitos contactos con eles antes e despois da escisión. A día de hoxe, non se sabe que espectro ideolóxico ocupa Encontro Irmandiño cousa do que si sabemos de Acción Galega, Ecogaleguistas e de + Galiza. Isto vai camiño a ser o que foi o nacionalismo galego de hai 20 anos, BNG e PSG-EG...é dicir, entre unha fronte nacionalista de esquerdas e unha organización progresista nacionalista. Como hai 20 anos esta batalla entre as dúas ideoloxías gañounas o Bloque, e volverá a gañala de novo dentro do espectro nacionalista simplemente porque o proxecto que representan os bloqueiros é máis serio.

25 Beiraburra.

Din co coche megafóno vai ser un Cayanne e o Cuiña e Beiras o que peguen os cartaces.

1 Galego

"O coche megáfono" "pegar carteis",..... dende logo vivides no pasado e non hai que lle facer. Sodes á política o que o arado dos bois ao agro.

2 Manolo_

Olé ese Galego moderno! Hoxe as campañas vanse facer soas con tal de esbardallar nos facebooks e nos foros dixitais, si señor! De ilusións tamén se vive

24 Larchán

Uns vanse do seu partido por defecto de galeguismo e outros por exceso. O galeguismo debe ser cousa de doses.

23 Alterautista

Cantas veces mais sairan do Bloque, pra que o poxecto colla a forma final?.