O Novo Proxecto Común colle forma

Máis Galiza, EI, Acción Galega e EcoGal anuncian formalmente negociacións para "a construción dunha organización política".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/04/2012 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas fixeron hoxe oficiais  os seus contactos, que comezaron hai semanas, para construír unha nova ferramenta política para o galeguismo de esquerdas. Cómpre lembrar que as tres primeiras das catro formacións citadas estaban ou integradas no Bloque até este ano, ou están formadas maioritariamente por ex-dirixentes do BNG.

No seu primeiro comunicado común anuncian que hai acordo para "emprender un proceso de traballo conxunto co obxecto de explorar  as súas coincidencias cara á constitución dunha organización política  plural e aberta".

Polo de agora non entran detalles nas coordenadas programáticas do novo organismo que, no seu caso, resulte destas negociacións. Sábese, iso si, que haberá dúas comisións, "unha das cales traballará no eido programático e o outra no organizativo".

Máis Galiza, liderada por Xoán Báscuas, era o partido máis próximo á socialdemocracia dos que estaban no BNG. Tiña o maior número de concelleiros, pero a maioría dos altos cargos sigue na fronte mentres que a maioría da militancia apostou por marchar tras a vitoria da APU na última Asemblea.

Encontro Irmandiño é o partido de ideoloxía altermundista que lidera Xosé Manuel Beiras, ex-líder do BNG derrotado por unha apretada marxe polo líder da APU Guillerme Vázquez na última Asemblea da fronte.

En Acción Galega, de nova creación, cooperan ex-dirixentes do BNG como Teresa Táboas, Pérez Bouza ou Pérez Lema canda outros militantes, entre os que figura Rafal Cuíña, empresario ex-militante do PPdeG. En principio a súa ideoloxía está próxima ao centro.

Ecogaleguistas é unha nova formación nacida antes das escisións do Bloque e na que colaboran ex-militantes doutros partidos de esquerdas, moitos dos cales tamén participaran na Iniciativa Ben Común, creada ao fío do 15M.

Tras semanas de ruxe-ruxes. o anuncio conxunto de hoxe supón a primeira presentación pública do que se está a chamar "Novo Proxecto Común" do galeguismo de esquerda.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 127 comentarios

22 maisclaraaauga

Já todo está claro, nem nacionalistas nem de esquerdas, já o olhamos, quer em Cee quer em Muros, os que marcham apoiam nom ao PP, senom as políticas do PP; pois benvinda a súa marcha. Agora já temos ao Rafael Cuiña co Beiras, delirante, mas totalmente clarificador, el é a canle de comunicaçom entre esta nova organizaçom, grupo ou o que inventem co PP

1 Xanuco

Claro, en Cee é mellor apoiar a un alcalde corrupto non? Igual é que xa estades afeitos os da U sector Lugo. E en Muros apoiar a unha alcaldesa do PSOE que aproba homenaxes a alcaldes franquistas. Predicar dende o púlpito é unha cousa, ter valentía e defender os intereses dos veciños por riba dos do partido é outra.

21 AlterEGOmunistas

Senon chegan todos pra enchelo ego Beiriano, sempre poden chamar a seccións galeguistas excindidas de UPyD e falanxistas.

20 Atermundismo e un ovo duro

Semellan os polisóns no camarote dos irmans Marx, o uneco relevante que compre saber do proxecto dos illuminatis é cantas veces vai coller forma, se colle forma a cotío, cada dous dias ou tres

19 Fram

Desde a Galiza, sem soberanía nao se pode trocar nengum sistema nem implementar nengumhas políticas estruturais. Avante o Galeguismo capitalista galego!

1 Shin Chan

E cal é a extratexia do BNG para a soberanía? Parole, parole, parole.

2 DANTON

Sin Chan, estás ficando amarelo, caseteiro. Italoamarelo, e o propietario da finca non te arrenda desta vez.

18 DANTON

A Sua Maxestade Imperial Dom Luís Gastão Maria José Pio Miguel Gabriel Rafael Gonzaga de Orléans e Bragança e Wittelsbach, quere manifestar que coida moi acertado esta NPC e que saúda a reunión de tantos notabeis das privincias galegas para esta nova empresa de construción, mais lembra o superior dereito e jure para os seus de todo tipo de beneficios simbólicos. Viva a tradición, a familia e a propriedade espiritual !