GC Aberto

A república no cerne do debate

Debemos arrombar o vello nacionalismo no faiado da historia...

Por ancarao | GC ABERTO | 23/04/2012

Comparte esta noticia

None

No actual contexto de crise sistémica no que as institucións todas saídas da II Restauración borbónica, incluida a autonomía outorgada, tremen ante os embates do gran capital debemos arrombar o vello nacionalismo no faiado da historia, cos seus medos e inseguridades, cos seus sectarismos e mediocridades. Hoxe a situación demanda novas atitudes, novas formas mais tamén principios e valores rexos, consecuentes, transformadores.

Hoxe o instrumento político que saia do proceso de construción do Novo Proxecto Común deberá ser o centro da revolución que o país precisa, política e económica, e, máis alá, tamén cultural, situando un novo republicanismo transversal, galego e progresista, como o seu principal eixo de actuación. Este novo republicanismo debería ser o punto de intersección no que as distintas sensibilidades, organizadas ou non, da esquerda transformadora se sintan cómodas e útiles á causa común.

Seguindo a Xosé Manuel Beiras na súa Declaración de Láncara, que ben podería ser unha excelente folla de ruta do proceso en curso, o novo republicanismo configúrase como unha forma de civilización e cultura sociopolítica, mais tamén, engadimos, implica enxertar no discurso do novo instrumento político a cuestión da estatalidade como horizonte da liberación do pobo galego. Tirarmos das marxes do movemento nacional galego a independencia propia e tornala en centro dos nosos horizontes estratéxicos alén de ser unha aposta, se callar para moitos arriscada, significa que a nova esquerda galega equipárese aos movementos que en Europa occidental serán os próximos en acceder a un Estado propio -Escocia, Euskal Herria…- recuperando o tempo perdido tras o intento estéril de dotar de contido nacional á autonomía, primeiro a través do POG, do PSG-EG e despois a través do BNG. Elevar o ángulo de tiro dicía Xosé Manuel Beiras na Declaración citada, levando a iniciativa estratéxica, engadimos nós. A república (galega) debería por moitas cuestións, que se podemos iremos debullando máis devagar, tornarse o centro do debate, aínda que non só.

 

Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 agá

República Galega = futuro

6 faneca

Arromba o nacionalismo no seu conxunto e goza coa abdicación dos borbóns que da II república GALIZA xa sabe. Un mal e tardío estatuto, que nos deu a vida mais tirounos o futuro.

5 Atlántico

Buff que Pregunta: Miudo par de crack, soltades verdades como como templos, este Beiras debe estar atomizado, até o extremo de non ter tempo para o relax....... Esquece que o lecer é fundamental para o equilibrio político, véxase senón a Bautista Álvarez seguindo apaixonado ao seu Real Madrid da alma , ou Paco Rodríguez gozando coa famosa zarzuela "La del manojo de rosas",......... Pero claro así as mentes están espertas para levar a bo porto o Nacionalismo Invisible do Proletario, eso si, coa súa pegata decorativa da fouce e o martelo... Viva España.."

4 Pregunta

E o apoio ao Borbón do que escribe artigos nesta páxina Herminio, tamén vai estar integrado por escrito no proxecto?

3 Buff

Este clube de fans sen o totem Beiras non son nada. Beiras para aquí, Beiras para alá. Mimadriña, que carestía.