GC Aberto

A república no cerne do debate

Debemos arrombar o vello nacionalismo no faiado da historia...

Por ancarao | GC ABERTO | 23/04/2012

Comparte esta noticia

None

No actual contexto de crise sistémica no que as institucións todas saídas da II Restauración borbónica, incluida a autonomía outorgada, tremen ante os embates do gran capital debemos arrombar o vello nacionalismo no faiado da historia, cos seus medos e inseguridades, cos seus sectarismos e mediocridades. Hoxe a situación demanda novas atitudes, novas formas mais tamén principios e valores rexos, consecuentes, transformadores.

Hoxe o instrumento político que saia do proceso de construción do Novo Proxecto Común deberá ser o centro da revolución que o país precisa, política e económica, e, máis alá, tamén cultural, situando un novo republicanismo transversal, galego e progresista, como o seu principal eixo de actuación. Este novo republicanismo debería ser o punto de intersección no que as distintas sensibilidades, organizadas ou non, da esquerda transformadora se sintan cómodas e útiles á causa común.

Seguindo a Xosé Manuel Beiras na súa Declaración de Láncara, que ben podería ser unha excelente folla de ruta do proceso en curso, o novo republicanismo configúrase como unha forma de civilización e cultura sociopolítica, mais tamén, engadimos, implica enxertar no discurso do novo instrumento político a cuestión da estatalidade como horizonte da liberación do pobo galego. Tirarmos das marxes do movemento nacional galego a independencia propia e tornala en centro dos nosos horizontes estratéxicos alén de ser unha aposta, se callar para moitos arriscada, significa que a nova esquerda galega equipárese aos movementos que en Europa occidental serán os próximos en acceder a un Estado propio -Escocia, Euskal Herria…- recuperando o tempo perdido tras o intento estéril de dotar de contido nacional á autonomía, primeiro a través do POG, do PSG-EG e despois a través do BNG. Elevar o ángulo de tiro dicía Xosé Manuel Beiras na Declaración citada, levando a iniciativa estratéxica, engadimos nós. A república (galega) debería por moitas cuestións, que se podemos iremos debullando máis devagar, tornarse o centro do debate, aínda que non só.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Ruano

Todo apunta a que Claro que si home, forma parte del nacionalismo invisible. Rafael Cuiña a quien no conozco personalmente , pero si leo asiduamente , merece el mayor de mis reconocimientos, pues si bien mi militancia escéptica colisiona con su razón política, en su favor tiene, la "valentía de los malditos", esa grandeza que concentra en su persona el odio de los detractores, efecto que catapulta la potencialidad de su liderazgo.

1 Claro que si home

E iso da man do fillo de Cuíña e demais.