O Sergas e a entidade Anxiños posibilitarán a atención sanitaria dos menores con trastornos mentais graves

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2019 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Os nenos e nenas con trastornos graves de saúde mental contarán con asistencia sanitaria nos centros de día da Asociación Anxiños, que traballa no desenvolvemento dun acordo para colaborar co Servizo Galego de Saúde (Sergas).

En concreto, a Xunta e a entidade sen ánimo de lucro Anxiños pretenden posibilitar a prestación  de atención sanitaria aos menores que presentan trastornos mentais graves e que xa están dados de alta, segundo explicou a Administración autonómica este domingo en comunicado.

Por este motivo, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e a presidenta de Anxiños, Ruth Gómez, reuníronse para facilitar esta intervención. A finalidade da entidade é axudar a que os nenos e adolescentes de ata 15 anos "poidan desenvolver todas as súas potencialidades", apuntou o Goberno galego.

Para iso levar a cabo este labor, Anxiños conta coa colaboración de numerosos profesionais da educación e do ámbito sanitario que participan de forma altruísta coa entidade.

Neno nunha clase especial
Neno nunha clase especial | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta