Porto do Son terá nova depuradora para o saneamento a Queiruga e San Pedro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e o concello coruñés de Porto do Son acordaron a solución "definitiva" para as obras que dotarán de saneamento das parroquias de Queiruga e San Pedro, que pasa, ao seu xuízo, pola construción dunha nova depuradora nas inmediacións do río Maior.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo co alcalde, Luís Oújo, no que analizaron as diferentes alternativas estudadas para acometer as obras comprometidas para a dotación de saneamento a Queiruga e San Pedro, concluíndo que a construción dunha nova depuradora é a solución "óptima", segundo indicou a Xunta nun comunicado.

Tras a execución das obras en Xuño e Camaño, ademais da depuradora de Baroña, o saneamento de Queiruga e San Pedro é a última actuación pendente para completar as infraestruturas da vertente costeira do sur do municipio.

Na reunión, o alcalde e a conselleira analizaron tamén as alegacións formuladas polo Concello de Porto do Son ao Plan de transporte público sometido a información pública polo Goberno autonómico as pasadas semanas.

Neste sentido, a conselleira garantiu que o departamento de Mobilidade fará "todo o posible" por atender as demandas formuladas, que se centran na coordinación das conexións entre Porto do Son e Noia coas de Noia e Santiago. Ademais, o municipio solicita contar con liñas de autobuses compartido para que o veciños poidan aproveitar as prazas vacantes dos autobuses escolares.

Imaxe da reunión con Ethel Vázquez.. XUNTA
Imaxe da reunión con Ethel Vázquez.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta