Décadas de aforros galegos a piques de ir a poxa por 1 €

O plan de Castellano e Feijóo para salvar Novagalicia Banco non é factíbel sen que Bruxelas cambie a lei, di o Banco de España. Ao PPdeG convénlle que a poxa sexa axiña.

Por Walter Burns | Santiago | 22/04/2012 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Até esta fin de semana había dúas opcións para salvar Novagalicia Banco. A defendida por José María Castellano e a Xunta pasa por atraer  investidores privados que merquen parte do 90,6% das accións nacionalizadas. Esta opción, complicadísima ante a recesión, é hoxe aínda máis remota.

O Banco de España informou a NGB que esta vía non se pode valorar "ao introducir elementos cuxo encaixe normativo non é evidente no momento actual, e estar condicionada á aprobación previa das autoridades españolas e comunitarias, e suxeita aos acordos que, no seu caso adopte o FROB”. Noutras palabras, que cómpre un cambio das normas por parte de Bruxelas, algo imposíbel vista a presa que ten a UE porque España remate xa a reforma dos seus bancos.

Polo contrario, o Banco de España asegura que si aproba “a venda da participación do FROB nun proceso competitivo de poxa”, a outra alternativa. Iso si, esta vía xa se aplicou á CAM e UNIM. As dúas acabaron regaladas por un euro a outras entidades españolas, dispostas a tragarse os seus activos (moitos deles tóxicos por mor do ladrillo, como os da entidade galega) a cambio da carteira de clientes.

Acabarán tamén décadas de aforros galegos malvendidos por un euro? Salvo gran sorpresa, así será.

Castellano, malia xa ter aplicado dous EREs, non logrou traer investidores dabondo para recomprar o 90,6% nacionalizado. A compra dunha porcentaxe menor debe ser autorizada polo Estado. Ademais, os investidores que xa ten piden garantías adicionais a España e a propia NGB. Esas garantías pasan por blindar o seu investimento. É dicir, que se o banco vai a pique finalmente, o Estado e o resto de accionistas de NGB deberían pagarlles o investido para que non perdesen un duro. Unha demanda inasumíbel para España, nunha pésima situación financeira, tendo en conta que o Estado xa investiu miles de millóns en darlle alento a NGB e agora tería que rascarse o bolsillo outra vez, pero para protexer o peto de intereses privados e foráneos.

Castellano ten até Outono para atraer investidores. Porén, a carta deste sábado do Banco de España mostra as presas das autoridades financeiras por acabar coa agonía de NGB.

A pelota está no tellado de Castellano e Feijóo, tentar espremer o prazo ou asumir xa o que parece inevitábel e sacar o banco a poxa, que é o que quere o Banco de España.

De non ser posíbel a recapitalización de NGB, a Feijóo interésalle unha poxa canto antes, para separala o que poida das eleccións autonómicas deste outono ou, máis posiblemente, da próxima primavera.

Chegar á campaña con titulares contando a fin definitiva de todo poder financeiro galego non lle convén ao PPdeG. Máis cando Feijóo foi o gran valedor político da fusión das caixas galegas, que é evidente non produciu unha entidade robusta dabondo para captar os investidores imprescindíbeis que tapasen os buratos da burbulla do ladrillo, creada por uns xestores que ademais se marcharon para casa con millonarias indemnizacións.

Cómpre lembrar que a viabilidade da fusión entre Caixanova e Caixa Galicia foi posta en dúbida nalgunhas ocasións, polo menos entre liñas, polo líder do PSdeG, Pachi Vázquez. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén socialista, acusou a Feijóo de condenar a Caixanova a fusionarse cunha Caixa Galicia máis endebedada.

Responsábeis á marxe, o que é evidente e que Galicia quedará, salvo milagre de ultima hora sen banca de seu neste ano.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

7 Bruar

Non creo que a ecuación sexa tan simple. Algo falla no diagnóstico. Como se pode creer que o Banco de España vía FROB faga un préstamo-intervención de 2360M€ e agora diga que as súas participacións (fondos de crédito) non poden ser mercadas por capital foráneo? Iso non ten lóxica, para iso que fora nacionalizada dende un principio. Ou é que si os cartos os poñen BS+BBVA ou La Caixa é viable e si os poñen fondos dos USA non? Para máis inri, a alternativa á entrada de socios capitalistas sería regalarlla un banco do Reino de España por 1€ simbólico e que esa entidade asumise a devolución do prestado cando a entidade di ter inversores dabondo para devolver o prestado. MAFO que valorou a entidade en 187M€ cando ten o 45€ do negocio bancario en Galicia agora calquera posibidade de viavidade por medios propios. Algo cheira a podre.

6 Pitágoras

Pueden pedir a los conocidos filántropos gallegos, Gayoso y Méndez, que hagan un esfuerzo inversor en NCG.

5 Moderado

A xente non entende que en España non hai futuro, nin bancos poden ter os galegos, é hora de socializar os beneficios da independencia, e loitar por un estado propio.

4 nacionata libertario

a solución é e sempre foi nacionalismo BNG

1 Consecuente

nacionalista libertario? eres unha contradición en si mesmo, ou eres nacionalista ou eres libertario, pero as duas cousas vai ser que non. De eso non é capaz nin SanBeiras. O BNG non é unha solución en si mesmo, pero é unha sas millores ferramentas de percurar solucións coas que contamos.

2 Evidente

Oxidóuchese a ferramenta, bótalle 3 en 1 :)))

3 Consecuentes

O noso 3 en 1 son independentes, MGS e UPG,e cheganos sen lixo nin unto.

4 Evidente

Todo saneado, comezando por Carrumeiro, Fernando Blanco, Bazarra... E detrás os empresarios amigos, o modelo a imitar: Dorribo, Lence de Leche Río, Jacinto Rey o do vento e os xornais en papel mollado, Martínez Nuñez e as louseiras legalizadas no Courel, igual que as minas na Terra Chá e no Eume, Tojeiro e Reganosa...

3 Xanti

A pesares de termos o pior presidente da Xunta nestes 30 anos, hai que deixar os partidismos e agardar que iso non aconteza. Ningún país existe sen banca de seu.