Décadas de aforros galegos a piques de ir a poxa por 1 €

O plan de Castellano e Feijóo para salvar Novagalicia Banco non é factíbel sen que Bruxelas cambie a lei, di o Banco de España. Ao PPdeG convénlle que a poxa sexa axiña.

Por Walter Burns | Santiago | 22/04/2012 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Até esta fin de semana había dúas opcións para salvar Novagalicia Banco. A defendida por José María Castellano e a Xunta pasa por atraer  investidores privados que merquen parte do 90,6% das accións nacionalizadas. Esta opción, complicadísima ante a recesión, é hoxe aínda máis remota.

O Banco de España informou a NGB que esta vía non se pode valorar "ao introducir elementos cuxo encaixe normativo non é evidente no momento actual, e estar condicionada á aprobación previa das autoridades españolas e comunitarias, e suxeita aos acordos que, no seu caso adopte o FROB”. Noutras palabras, que cómpre un cambio das normas por parte de Bruxelas, algo imposíbel vista a presa que ten a UE porque España remate xa a reforma dos seus bancos.

Polo contrario, o Banco de España asegura que si aproba “a venda da participación do FROB nun proceso competitivo de poxa”, a outra alternativa. Iso si, esta vía xa se aplicou á CAM e UNIM. As dúas acabaron regaladas por un euro a outras entidades españolas, dispostas a tragarse os seus activos (moitos deles tóxicos por mor do ladrillo, como os da entidade galega) a cambio da carteira de clientes.

Acabarán tamén décadas de aforros galegos malvendidos por un euro? Salvo gran sorpresa, así será.

Castellano, malia xa ter aplicado dous EREs, non logrou traer investidores dabondo para recomprar o 90,6% nacionalizado. A compra dunha porcentaxe menor debe ser autorizada polo Estado. Ademais, os investidores que xa ten piden garantías adicionais a España e a propia NGB. Esas garantías pasan por blindar o seu investimento. É dicir, que se o banco vai a pique finalmente, o Estado e o resto de accionistas de NGB deberían pagarlles o investido para que non perdesen un duro. Unha demanda inasumíbel para España, nunha pésima situación financeira, tendo en conta que o Estado xa investiu miles de millóns en darlle alento a NGB e agora tería que rascarse o bolsillo outra vez, pero para protexer o peto de intereses privados e foráneos.

Castellano ten até Outono para atraer investidores. Porén, a carta deste sábado do Banco de España mostra as presas das autoridades financeiras por acabar coa agonía de NGB.

A pelota está no tellado de Castellano e Feijóo, tentar espremer o prazo ou asumir xa o que parece inevitábel e sacar o banco a poxa, que é o que quere o Banco de España.

De non ser posíbel a recapitalización de NGB, a Feijóo interésalle unha poxa canto antes, para separala o que poida das eleccións autonómicas deste outono ou, máis posiblemente, da próxima primavera.

Chegar á campaña con titulares contando a fin definitiva de todo poder financeiro galego non lle convén ao PPdeG. Máis cando Feijóo foi o gran valedor político da fusión das caixas galegas, que é evidente non produciu unha entidade robusta dabondo para captar os investidores imprescindíbeis que tapasen os buratos da burbulla do ladrillo, creada por uns xestores que ademais se marcharon para casa con millonarias indemnizacións.

Cómpre lembrar que a viabilidade da fusión entre Caixanova e Caixa Galicia foi posta en dúbida nalgunhas ocasións, polo menos entre liñas, polo líder do PSdeG, Pachi Vázquez. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén socialista, acusou a Feijóo de condenar a Caixanova a fusionarse cunha Caixa Galicia máis endebedada.

Responsábeis á marxe, o que é evidente e que Galicia quedará, salvo milagre de ultima hora sen banca de seu neste ano.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

2 Antón

Xogada maestra, socializan perdas e logo conseguen a viabilidade dunha institución privada con cartos públicos e unha vez saneada fanse coa titularidade por un euro. Logo o estado pra financiar a debeda privada obten solvencia privatizando os servizos públicos, servizos públicos dos que as mesmas oligarquias culpables fanse donos.

1 Antón

Guión neoliberal empezado a finais dos 70 coa desregulación bancaria e a saida do patrón ouro. Seguido polas políticas de crédito sobrevalorando ate un 300 % o verdadeiro valor de inmuebles e a burbulla urbanistica que tan bós réditos lles deu a Gayoso e Mendez e os capitais da banca alemana, coa inestimable colaboración de moitos que tentaron especular contando que os inmobles ianse revalorizar por inercia.

2 casualidades, azares

Non só con inmobles, tamén especularon co terreo. Lembras o acontecido en Cangas, onde Clara Millán era alcaldesa e responsable das finanzas do BNG, e como tapaba o beneficio do Gayoso? Mágoa que esquezas as colaboracións necesarias do BNG, por que será? Dalle apertas a túa estimada Clara, seguro que as precisa despois de perder a alcaldía e descubrirse que deixaba facer aos señores que tanto criticas. Guión dunha traizón (unha das moitas do BNG cando toca poder). A esquerda era outra cousa!

3 Antón

Xa, a culpa é do BNG. Os illuminatis e as vosas torticeiras manipulacións de encefalograma plano.

4 lura

Iluminatis, manipulacións, encefalograma plano...Pero se soamente está dicindo que o BNG favoreceu os intereses de Caixarouba en contra das súas propostas electorais e das faixas detrás das que estivo con anterioridade,,,Clara Millán, unha máis na escola de Quin, que nos ensinaron que a real politik consiste en seguir tendo cartos para as campañas electorais ó prezo que sexa..

1 Shin Chan

1 euro? Seguramente é caro. Grazas PPSOE; a vosa actitude no Consello de Administración foi fundamental para o desastre.

1 Alberte

Así que foi a actitude do PPSOE no consello de administración, a cupable do desastre? Quén te expropiou as neuronas? simplón

2 casualidades, azares

Non Alberte, tamén lle axudaron os colocados -ou non cambiados- polo BNG e a CIG. Por certo, cando unha empresa fracasa os directivos asumen os erros, aquí non eran os políticos os que administraron a caixa? O BNG ten intereses no ladrillo do Levante, pode que o PPSOE si, pero o colaborador necesario do Bloque e CIG que non dixeron nin pio, algo levarían? No Levante, en Cangas ou nos créditos e débedas á Caixa Nova, supoñemos.

3 Alberte

Vai rañala trollaso paspán. Eres moi simple se crees que van colar as tuas trolas. Faltache moita clase e intelixencia pra manipular cun mínimo de eficacia. Evoluciona infrahumano.

4 Secta Beiriana

Non é por casualidades ou azares que ti señas un parvo. bastante culpa tes. Agora vasme a decir que os do PP, PSOE ou Bloque tiñan capacidade de veto ou de marcar de políticas dentro do consello de administración. Debes ser o uneco que non se entera do teu grado de estúpidez.

6 Claro e transparente

Que listiños sodes, os palanganeiros do BNG xa non vos chega con salvar a cara dos vosos, agora tamén tapades os do PP e PSOE. Ver para crer! E xa que non pintaban nada no consello de administración da caixa, que facían? Cobraban, iso si, non renunciaron ao salario, non denunciaron o que pasaba dentro, calaron e son cómplices. Será, como apuntaron, que as débedas pendentes coa caixa obrigaban a calar? E os ingresos na conta propia aumentaban, entón para que levantar a voz! O interese que defenden PP_PSOE_BNG é Galiza, o Partidiño ou o peto propio? Tomádeo con calma, quedastes co cú ao aire!

7 Alberte

pra ser un conspiranoico hai que ter un pouco de clase e intelixencia, ti careces das duas cousas por completo, así de claro e transparente.

8 Marat

E que ian denunciar? a política de prestamos dunha empresa privada?. Supoño que estarian pra ver as políticas da obra social, non a económica, pra que non teñen poder. O PP PSOE non son culpables das políticas de dirección das caixas, asi de claro e transparante, non se trata de defendelos, tratase de defender o que pide o Bloque, que si se sanean con diñeiro público, que se fagan públicas e non un negocio prós oligarcas.

9 calceteiro

Os do BNG facían calceta nas reunións do consello de administración. Votaron, sen querer, a favor da xubilacións de ouro, igual que o PPSOE. Por certo, canto lle debe o BNG ao banco que sucedeu a Caixa Nova, a canto paga os intereses e mesmo está pagando? E, o mellor, no consello de administración só trataban das axudas para amigos e a caridade "bien entendida" (obra social). Que non, que non te enteras, nen iso, alí botaban unha partida de tute os homes, e as mulleres facían calceta. Cobraban dietas e salarios, e se gañaban a partida a consumición era de balde. Non penses mal, se perdían non pagaban os que perdían, os que pagamos fomos os galegos. Mira que ter un consello de administración para facer calceta, canto aprendemos hoxe...