Os motores e os tempos do NPC

Tres militantes de base do nacionalismo de esquerdas (Xurxo Martínez González, David Rodríguez e Manoel Santos) fan unha defensa do método asembleario para construír a nova ferramenta política do Novo Proxecto Común.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/04/2012 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia
Nun manifesto remitido as esta redacción, Martínez, Rodríguez e Santos definen o proceso como de "dous tempos" onde existe un tempo electoral para crear unha plataforma electoral ampla e outro distinto que é o tempo da elaboración dunha nova organización.
 
O presente comunicado tamén se fai eco da nota de prensa publicada por EI, +GZ, Acción Galega e Ecogaleguistas sinalando que a amplitude do NPC vai máis alá destas siglas como amosa, segundo os autores, a participación de distintas correntes nas asembleas de base.
 
 
DOUS MOTORES DE TEMPOS DISTINTOS PARA O NOVO PROXECTO COMÚN

Nestes meses de treboada política acumuláronse diferentes opinións e moitos rexoubes, en ocasións insubstanciais, para o artellamento dun proceso político en marcha. Como tal movemento en obras precisa das achegas, individuais e colectivas, que fornezan elementos de debate concretos na procura de botar os alicerces do Novo Proxecto Común.
Os que isto escribimos sabemos que non estamos a descubrir nada que non se diga aquí e acolá. Recollemos ese murmurio, que de tan repetido comeza a ser enxordecedor, para botalo á esfera pública coa finalidade de converterse nunha panca que accione o debate colectivo.
 
Propomos rozar na ramalleira informe que é o intre de creación de calquera organización e diferenciar dous espazos con dinámicas de seu. Dous espazos interconectados pero a distinta velocidade. Dous carrís en paralelo que nos leven cara a constitución dun movemento nacional, con base protagónica na cidadanía activa, que sexa quen de se expresar na esfera política con actores, actrices e un guión común xurdidos dun escenario estritamente asembleario que agrome dende as localidades e se espalle polo país enteiro. 
 
Reparemos na imaxe dunha zanfona na que os dedos deben, por unha banda, deslizarse con axilidade polas teclas para que soe a melodía mais na que esta só se produce, pola outra banda, co xirar moito máis pausado, menos espectacular e rimbombante, do manubrio que, con constancia, acciona a outra man.
 
Como se fósemos tanxedores de zanfonas debemos imaxinar este proceso. Xebremos o que é a elaboración dunha candidatura de consenso (máis vistosa, amiga de focos e apurada polas datas) do que é a conformación dunha nova e renovada expresión política (máis subterránea, traballosa e de tempo pausado). Unha e outra manteñen unha relación biunívoca e neses vencellos cómpre poñer o acento.
 
A alianza electoral é unha urxencia para frear o desmantelamento do ben común e do minguado poder público e tamén unha referencia necesaria para quen desexe traballar, sexa cal for o seu nivel de implicación, no horizonte das posibilidades e das alternativas concretas. Responde a un intre histórico. Probablemente, nos anos pasados non sería unha fórmula válida, nin sabemos se o será na mesma cuadratura do mañá. Estamos obrigados a termos unha idea ampla das candidaturas que dea unha resposta concreta ao neoliberalismo que está a minar os dereitos e as economías dos máis. 
 
Consideramos que a amplitude desa alianza táctica vai dende a socialdemocracia cara á esquerda, nun abano xeneroso composto por diversas sensibilidades. Hai un límite temporal (a convocatoria das autonómicas) que reclama unha celeridade non por iso transmutada nun cheque en branco a determinadas maiorías ou aceptación pasiva do que digan as cúpulas.
 
A conformación das asembleas é urxente, e desde aquí facemos un chamamento a que en cada lugar do país a cidadanía, que considere necesaria a converxencia na defensa dos ataques que estamos a sufrir, comece a autorganizarse constituíndose en asembleas nacionalistas, cidadáns, ou do nome que cada grupo decida soberanamente. Este proceso precisará, por parte de todos e todas, dunha atención ben demorada, fóra de lindes temporais e de condicionantes mediáticos. O poder das asembleas constitúese dende abaixo e coa implicación dos seus axentes. Que ninguén agarde a construción dun movemento e dunha nova cultura política como un suceso ao chou, que veña dado, que estea ditado mentres nós copiamos coa cabeza agachada mirando para o papel.
 
Un guión escrito dende a cúpula, que conciba as asembleas como o lugar onde debemos aplaudir coas orellas, non concorda cos principios de construción de abaixo a arriba. Mais tamén, calquera xesto público das organizacións, deberá recoller a pluralidade (incluído o arredismo) que se está a producir arestora nas bases e que excede a catro siglas.
 
Cremos necesaria unha rexeneración que emana da experiencia da ocupación das prazas e da lectura da política como un exercicio desprestixiado. Hai que introducir novas prescricións que abrangan dende a revogabilidade e a subordinación dos cargos electos ás asembleas até a blindaxe do poder de decisións nas bases, dende o obrigado compromiso constante (e non só puntual e interesado) cos procesos asembleares até a fraternidade como cultura política, ao cabo, dende a democracia participativa á implicación do pobo mediante o traballo. Por iso, pensamos que a nova ferramenta política que se constrúa para as vindeiras eleccións debe facer pública e expresa a súa vinculación ás asembleas e debe asumir o seu carácter de medio para levar ás institucións os mandatos daquelas.
 
Non entendemos a vindeira expresión emerxida das asembleas unicamente cal se fose unha sigla. Comprendemos o nacionalismo e a esquerda real como un movemento ancho que recolla os distintos eidos de actuación. A panca política é a expresión nas institucións de todo ese movemento pero é parte igual e horizontal aos movementos sociais. 
 
Observamos un anaco do pobo ateigado de ilusión e que cre necesario elaborar un novo voceiro que evite e corrixa as eivas doutras experiencias. Hai que reflexionar en comunidade, repasando os vellos postulados e introducir ideas chegadas doutros ensaios. Precisamos erguer un altofalante mediante a afirmación dun programa e non por medio da negación do outro. Isto non é un axuste de contas. 
 
O peche deste proceso resulta unha incógnita. Non cremos nos dixomedíxomes nin no prexuízo como argumento político. Pensamos que non se pode construír o común coa mentalidade do porteiro de discoteca que, arbitrariamente, escolle quen entra e quen non entra ao club. O resultado final responderá á participación da cidadanía, ao seu protagonismo activo, e non á creación dende arriba dun receitario pechado e inamovible. O difícil é enfrontarse ao debate, á argumentación e á exposición pública do pensamento político. Primeiro deamos a batalla e despois decidamos se o desenlace resulta óptimo ao baremo particular. Toca arremangarse, poñer a funda e traballar. 
 
Asinan este manifesto Xurxo Martínez González, David Rodríguez e Manoel Santos.

None
Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

20 pinchorla

Xa estamos ás voltas cunha formación nacionalista de centro ou centro-dereita.Estou farto de escoitar iso, xa que xa a tivemos e a temos, outra cousa e tela en consideración, Coalición Galega, Terra Galega..e outras forzas.O que se quere dicir é queo BNG só NON pode quitarlle a maioría ao PP, e xunto o Centro-Dereita nacionalista SÍ, pois a min non me parece boa escolla.Ademáis hai que deixar de se mirar en Euskadi e Catalunya.Somos Galeg@s e punto, a comparación non existe nin de coña. OS do NPC que actuen e logo xa se verá o que acontece.Eu sigo cós "malos da película".Non creo na FÉ que algúns falan,sobre o NPC, inda me costa creer no que vexo.

19 Robin das Carballeiras

A parte de que o BNG/UPG tería que adaptarse os tempos para ser a nosa forza nacionalista de esquerda, o que fai falla pero de forma imperiosa é unha forza nacionalista de centro ou centro dereita, tipo PNV ou CiU, que lle restase votos ó PP e a unha parte de PSOE. Todo se volve discutir sobre os votos que deixaran ou non ó BNG. O problema non é ese, non é nin tan siquera restarlle ó PSOE, o problema aquí e que non aparece un partido nacionalista que parta polo medio ó PP. Eso é o que teñen en en Catalunya e en Euskadi, ¿ou é que nadie ve ou nadie quere ver esto?.

1 Esperando a Godó

En parte tes razón, Rubin. Galiza ainda está sen estructurar políticamente dende o nacionalismo. Cecais agora con toda esta movida agrome esa forza da que ti falas e que eu tamén poderia estar de acordo. Bimbios hai ainda que estean soltos. É preciso que alguén con autoridade suficiente chame a arebato e xungue ese pequenos grupos que andan ciscados e se poñan a traballar conxuntamente. O problema creo eu está en atopar ese "moisés" que os conduza á victoria ou as portas dela. Esperemos e teñamos fe.

18 comento

Máis: - unha forma de relacionarse coa cidadanía, a votante e non votante ao bng, que consistíu en dicirlles: isto é o que hai; e se me criticas estaásn contra min e contra GZ (sic). Iso mesmo, de cara a dentro da organización. - Máis cousas; unha falta de sber interpretar a realidade e movilizacións cidadás que lonxe de entendelas ou tratar de, dedicouse a cuspirlle á xente que se moveu sen a correa do B NG-U.E en muitas localidADES apoiar iniciativas, obras, ou prpostas que muitas veces ían contra a propia visión polñítica do bn e da sociedade neses territorios. -E por último, onde non te queren, non te quedas, vaste. así de sinxelo. Tanta violencia xa resultaba irrespirable. _ Tranquiñpol, o NPC e o BNG vanse diferenciar mesmo pola praxe a poñeren marcha na política nacional, tanto en clave interna como de relacións co pobo, cos cidadadás. Tempo ao tempo. E máis cousas que podemos ir falando. Saúde

17 Derry

Teño unha dúbida...se a nova organización abrangue dende a Socialdemocracia (que xa é esquerda) ate a esquerda...¿cal é a diferenza de NPC con BNG?? Non loitarán por un mesmo espazo político??

1 Garcelinho

Claro, tes razón, coa diferencia BNG é COMUNISTA e o NPC son DEMÓCRATAS...JA,JA,JA

2 comento

a diferencia: - as claves de organización interna, onde unha parte se cargou o que fora a practica e tradicion de consenso, respostaados á diversidade dos integrntes. - en clave de efectividade + utilidade da ferramenta política: en boa medida, dependente do transcorrer da dinámica interna e do asalto totalitario da organización e das organizacións satélites. Iso, manifestou de cara a fora,nunha ocupación de listas por membros dunha das organizacións, a U, en detrimento das especificidades lcoais e comarcias, co único obxectivo de controlar o aparello. proexctouse en boa medida unha imaxe e acción política estéril e flta de conexión e atención real ao que á cidadanía exixía de nós,dos nacionalistas de esquerda. E un feixe de contradiccións e de medidas que segundo quen as levara a cabo no BNG no "pder" eran malas ou eran boas: ex: Reganosa. Este é un bo exemplo, na comarca de Ferrol-Terra.

3 comento

non gosto que se utilice o termo comunista para definir a quen non o é sobre todo en base a un concepto negativo do mesmo. O comunismo é outra das distintas estratexias da esquerda, como tal eu partillo boa parte do asunto, mais non a táctica nin a estratexia dalgúns. E menos os que se din tal e non o son, os "patriotas"´eses que salvan Gz unhas 35 veces/día. En definitiva, se había algún comunista no BNG iu na U......debeu ficar sempre na casa...eu non o vin. ; )

4 Derry

Grazas pola reflexión, entendo que falas de cuestións organizativas mais que ideolóxicas. Haberá un mesmo espazo ideolóxico no que loiten duas forzas políticas.

5 Un esperanzado

Podemos estar diante dun erro enorme sen decatarmonos. O BNG tiña no seu ventre cáseque todos os que se movn agora fora e tratan de organizarse, certo, pero a diferencia esencial está en que entraron a formar parte dunha familia que xa tiña dispostos os organos xerarquicos: quen era o pai, quen era a nai e quen eran os demais membros que tiñan poderes delegados. Logo a eles que lle quedaba por facer? nada, agás traballar arreo durante as campañs electorais e darlle certa patina de demócrata a unha orgainzación que realmente nono era.Agora estamos diante doutra cousa. Hai un espectro político máis amplo e máis real. Son moitos os que se poden sentir cómodos ainda que non sexa identificados totalmente. Hai para que todos poidamos sentirnos ben e recoñecidos os nosos valores e traballos. Así o penso eu e motos máis.

6 Derry

Se lexitimidade pra crear unha nova opción política claro que a teñen! Eu falo dende o punto de vista do marketing político, xa que penso que está moi claro que se duas forzas loitan por un mesmo espazo ideolóxico o resultado será o de fragmentar ese mesmo espazo. Os líderes do NPC merecen todo o meu respeto, pero penso que estamos fronte a un erro estratéxico motivado pola visión a curto prazo. Coido que o proxecto do PG, TERRA , CXXI etc é máis realista é unha interesante aposta de futuro, sen grandes nomes, pero ben asentada ideolóxicamente nun espazo que a día de hoxe está baleiro.

16 Beiras alterEGOmundista

Esto das asambleas horizontais mola un monton, pero con orgaización. Eu levo o altavoz, marco a orde do día e dirixo turnos e tempos de intervención. Que logo saen propostas dun ser un voto, circunscrición uneca española e bombardear Libia, como na do Sol.