Andalucía e Galicia fan fronte común contra o Goberno do PSOE polo financiamento autonómico

Moreno recoñece que falou con Feijóo para ver "que se pode expor".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/09/2019 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno (PP-A), manifestou este luns que falou co xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, sobre financiamento autonómico para ver "que se pode expor". Moreno e Feijóo reuníronse en agosto durante a viaxe que o primeiro fixo a Galicia.

Moreno esixiu ao Goberno central unha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para abordar a débeda que o Estado ten con Andalucía de 1.350 millóns de euros en relación co financiamento autonómico e advertiu de que contemplará "todas as opcións" para esixir ao Executivo nacional que ese diñeiro chegue a esta comunidade.

A Xunta, a través do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, solicitou tamén esa reunión urxente do CPFF, en relación cos 700 millóns que demanda Galicia. "O Goberno di que non nos dá ese diñeiro e que se queremos temos que absternos para que Pedro Sánchez sexa presidente do Goberno. Unha chantaxe en toda regra", denunciou o presidente da Junta nunha entrevista con Canle Sur Radio recollida por Europa Press.

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta