Casado acude a Galicia no inicio de curso político de Feijóo tras un tenso verán

Finalmente populares galegos e madrileños conseguiron "cadrar as axendas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/09/2019 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O líder do PP nacional, Pablo Casado, volverá arroupar a un dos principais baróns do partido, Alberto Núñez Feijóo, no tradicional acto de apertura de curso político que o PPdeG celebra o vindeiro sábado.

A presenza de Casado no acto de apertura do curso político en Galicia estivo até agora no aire, pero finalmente, despois de que as direccións do PP estatal e do PP galego cadrasen as axendas, ambos os dirixentes darán xuntos o pistoletazo de saída a un curso político que os populares prevén intenso.

Os populares galegos elixiron unha vez máis a Carballeira de San Xusto, no concello pontevedrés fusionado de Cerdedo-Cotobade, como escenario para arrincar o curso político cun acto ao que se prevé que acudan ao redor de 800 persoas.

Así o confirmou o propio partido a través da rede social Twitter: "Este sábado, Feijóo e Casado inauguran en Cerdedo-Cotobade un curso político transcendental. Para Galicia e para España".

Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta