Galicia encara o final do verán con altas temperaturas

Un anticiclón está situado ao norte da Península Ibérica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/09/2019 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Galicia está baixo a influencia dun anticiclón localizado no norte da península Ibérica que está atraendo aire cálido en superficie cara a Galicia.

Deste xeito, segundo o prognóstico, espérase un día de ceo en xeral pouco nubrado ou despexado. As temperaturas máximas estarán en ascenso, sendo a subida moi acusada nos valores máximos durante a tarde, polo que a sensación será de calor na metade sur.

Os ventos soprarán do nordés, frouxos no sur, pero moderados no norte, con intervalos fortes no litoral da Coruña. As temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 15° 27°, Ferrol 16° 27°, Lugo 13° 26°, Ourense 14° 34°, Pontevedra 18° 29°, Santiago de Compostela 15° 28°, Vigo 21° 29°

Sol
Sol | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta