Galicia perdeu en agosto un total de 417 traballadores autónomos, segundo ATA

En agosto se perderon 229 autónomos homes (-0,2%) e 188 mulleres autónomas (-0,2%).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

A Comunidade galega perdeu en agosto de 2019 un total de 417 traballadores autónomos (-0,2%), ao pasar dos 212.420 de xullo a 211.003, segundo un informe elaborado pola Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia - ATA Galicia.

O estudo sinala que todas as provincias galegas viron diminuír no oitavo mes do ano o seu número de traballadores por conta propia. En concreto, Ourense lidera porcentualmente a caída (93 menos, un -0,4%); séguenlle A Coruña (197 menos, -0,2%); Pontevedra (98 menos, -0,1%); e, por última, Lugo (29 menos, -0,1%).

En canto ao xénero, o informe indica que en agosto se perderon 229 autónomos homes (-0,2%) e 188 mulleres autónomas (-0,2%), o que fai un total de 417 afiliados menos ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).

Ademais, o documento elaborado por ATA-Galicia apunta que os sectores que maior perda rexistraron en agosto en termos relativos son a educación (-1,8%), actividades profesionais (-0,4%), agricultura (-0,3%), actividades sanitarias (-0,3%) e actividades administrativas (-0,3%), que perderon 101, 58, 98, 21 e 18 traballadores autónomos, respectivamente.

En fronte, a hostalaría (cun 0,3% e 59 traballadores máis) e os transportes (un 0,01% e 5 autónomos máis) son os sectores que gañaron empregos no mes de agosto.

ATA Galicia sinalou que as cifras do informe pon de manifesto que "tras cinco meses consecutivos de aumento no número de autónomos", agosto volve traer "cifras negativas", uns datos ante os que augura "outro mal ano" para os traballadores por conta propia galegos.

"Tócanos analizar coa Administración se as distintas liñas de axudas dirixidas aos autónomos que se enmarcan dentro da Estratexia de Autónomos 2020 están a conseguir os efectos desexados", indicou o presidente de ATA-Galicia, Rafael Selectos.

Protesta de autónomos, entre eles profesionais da venda ambulante galegos, diante das Cortes / www.muypymes.com/
Protesta de autónomos, entre eles profesionais da venda ambulante galegos, diante das Cortes / www.muypymes.com/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta