Os animalistras acusan a Unións Agrarias de buscar unha "política de exterminio" do xabaril

Libera! contrapón a iniciativa do sindicato co modelo do Cantón Xenebra, un territorio libre de caza desde 1974.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2019 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera! acusou ao sindicato Unións Agrarias (UU.AA) de buscar unha "política de exterminio" da fauna silvestre a gusto dunha "minoría de agricultores e gandeiros". Así se pronunciou a asociación despois o sindicato trasladase este martes ao Grupo Parlamentario Socialista unha proposición non de lei de iniciativa popular que pide que a Xunta elabore un censo da poboación do xabaril en Galicia, que determine a densidade máxima que pode haber desta especie e que asuma o control dos danos e a súa indemnización.

Libera! contrapuxo a iniciativa do sindicato co modelo do Cantón de Xenebra, un territorio libre de caza desde 1974 desde que, segundo indicou o sindicato, un referendo determinou que as prácticas cinexéticas quedaban excluídas das súas nromas.

Xabaril.
Xabaril. | Fonte: Europa Press.

A asociación considera que en Galicia non se ensaia este modelo pola "desidia" da Xunta, á que ve "máis preocupada en subvencionar os lobbies procaza" para organizar cursos e campionatos que en axudar de forma decidida ao mundo rural.

Ademais, criticou que a proposta de Unións Agrarias apoia de facto "un maior número de cazarías" e a "liberalización da caza en vedados e zonas de seguridade", nas que está "prohibida con carácter xeral a caza".

Por último, sinalou que existen numerosas medidas, alternativas e ensaios realizados en últimos anos que, na súa opinión, "desmontan a necesidade da caza na presunta xestión da fauna silvestre".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta