Temas: INDITEX ARTEIXO

Arteixo, quinto concello en España por volume de facturación empresarial

O concello galego sitúase con 24.100 millóns de euros grazas a Inditex.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/09/2019 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A presenza de Inditex, Mercadona e Seat fixo que os municipios onde estas grandes empresas están radicadas (Arteixo, Tavernes Blanques e Martorell, respectivamente) aparezan no 'top 20' de municipios por facturación empresarial de España.

Sede de Inditex en Arteixo (A Coruña)
Sede de Inditex en Arteixo (A Coruña) | Fonte: Europa Press.

Arteixo (A Coruña) sitúase en quinta posición, con 24.100 millóns de euros; Tavernes Blanques (Valencia), en oitava con 21.200 millóns de euros, e Martorell (Barcelona), décimo sétimo, con 10.500 millóns de euros, segundo o Estudo sobre Distribución da facturación das sociedades por municipio en 2017 realizado por Informa D&B.

A clasificación está encabezada por Madrid. A facturación das empresas da capital alcanzou os 489.352 millóns de euros en 2017, cifra cinco veces superior á de Barcelona, que é a seguinte na lista, con 87.800 millóns de euros.

Destaca que Alcobendas, municipio da comunidade madrileña, contando con tan só 3.148 empresas situadas no mesmo, é o terceiro que máis acumula, 66.000 millóns de euros, superando a cidades tan importantes como Bilbao, cunhas vendas de 38.800 millóns de euros, Sevilla, 18.600 millóns de euros e multiplicando por catro as de Valencia, 16.200 millóns de euros.

A cidade cuxas empresas obtiveron a menor facturación foi As Palmas de Gran Canaria, con 4.255 millóns de euros.

A directora de Estudos de Informa, Nathalie Gianese, explicou que, a pesar da superioridade en facturación, a diferenza por número de sociedades rexistradas en Madrid é inferior á das súas vendas, xa que a capital conta con 64.101 empresas e Barcelona coa metade, 32.790.

Dos 20 municipios analizados seis localízanse na Comunidade de Madrid, concentrando así a capital case o 90% dos ingresos. Barcelona, Valencia e Biscaia son as seguintes provincias que máis acumulan.

Arteixo, Tavernes Blanques e Martorell, xunto co cinco localidades situadas na comunidade madrileña, conforman o grupo de oito que non son capitais de provincia.

Temas: INDITEX ARTEIXO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

O titular real é “o 90% dos ingressos produzem-se na capital”, viva o centralismo madrilenho!!. Eu acabo de mudar-me em independentista, parafraseando a Castelao “e visto que non podemos decir que Galiza sexa a nación máis escelente de Hespaña, pero que é lícito traballar para que o sexa,” e eu engado, sem que o centralismo madrilenho nos roube nosso trabalho.