Intensos asubíos para Feijóo en Vigo

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/04/2012 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta presentou esta semana en Vigo unha edición facsimilar de "Galicia como tarea", obra de Valentín Paz Andrade, fundador de Pescanova e persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras galegas.



Á porta do acto agardábano un cento de traballadores públicos, enfadados polos recortes que está a aplicar a Xunta de Galicia. "Tivo un agarimoso recibimento por parte do persoal empregado/a da administración galega, había moita máis xente da que se ve, pois estaban acurrunchados pola policía", explica a CIG Administración, organizador do acto de protesta.

No evento destacou que o empresario homenaxeado "entendeu que a supervivencia dos galegos como pobo diferenciado non depende soamente da existencia de institucións nin de grandes proxectos empresariais, senón tamén da presenza dunha cultura viva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Rañolas

Terra de bois mansos. Volverán votar os seus caciquiños antes que non votar...Outra dereita galega XAAAAAAAA!!!!!

3 Un vello galeguista

Berrar na rúa e votar cando toca non son actitudes incompatibles. A sociedade civil ten todo dereito a expresar a súa disconformidade co que está pasando. Logo, cando toque, tamén debe mostrara súa disconformidade votando por aqueles partidos que teñan demostrado están co pobo. Só así poderemos facer entender a estes novos xefes que Galicia deulles a mioría, pero non para seguit exolo

2 DigoEu

Se os asubíos, igual que as folgas e manifestacións, se transformasen en votos cando hai que votar, outro galo nos cantaría.

1 Bruar

O que vou dicir pode soar moi mal e por tanto recibir algunha que outra crítica, espero razoada si fora o caso. A maioría da cidadanía sigue pensando-esperando que isto amaine, sigue pensando que o estado do benestar estará igual de asegurado goberne quen goberne. E mentras tanto o estado social váise desmontando peza a peza. Calquera desas pezas NON SE VOLVERÁ A LEVANTAR. Por tanto só caben duas posibilidades a do buenismo-todos son iguais ou a de opcions politicas que con PROGRAMA POLÍTICO CLARO cheguen á cidadanía. Dende a greve xeral contra a política de ZP vésa claro e meridiano que as protestas na rúa non van mudar as polítivas. Outra cousa serán os resultados eleitorais e o que acabo de dicir explica perfectamente a suba continuada e xeralizada de apoios de I.U. no conxunto do Reino e incluso tamén a de UPyD (esta última sin programa).