A conselleira de Infraestruturas reclama ao Estado o modelo de bonificacións de autoestradas para a AP-9

Ethel Vázquez criticou que a "escalada de prezos" supón unha "consecuencia da decisión do Goberno de Zapatero de financiar as obras de ampliación con aumentos acumulativos das tarifas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, volveu a reclamar ao Goberno central extrapolar o modelo de bonificacións das autoestradas autonómicas á AP-9, debido ao "gran impacto" desta vía en Galicia e na economía dos galegos.

Este venres Vázquez a reiterado a demanda do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao Ministerio de Fomento, xa que "a AP-9 vertebra o territorio no que vive o 60 por cento dos galegos e é a autoestrada sobre a que pivota toda a rede galega de vías de altas prestacións".

Ademais, criticou que a "escalada de prezos" supón unha "consecuencia da decisión do Goberno de Zapatero de financiar as obras de ampliación con aumentos acumulativos das tarifas".

En oposición a estas subidas, Ethel Vázquez, asegurou que a Xunta "predica co exemplo" e lembra a autorización dos descontos nocturnos do 50% que se comezarán a aplicar a partir de outubro nas dúas autoestradas que xestiona, a da Coruña-Carballo (AG-55) e a do Val Miñor (AG-57).

Por todo, o Goberno galego denuncia que as subidas extraordinarias das peaxes, programadas para a AP-9, sitúan aos seus usuarios nunha "situación moi desfavorable", especialmente en comparación co resto de autoestradas españolas que ven liberadas destas taxas ou bonificadas.

Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta