A Xunta toma a Fundación Camilo José Cela

O Goberno galego nomeará a 10 dos 21 membros do Padroado e tentará que a súa xestión sexa "sexa eficiente". A fundación ten unhas débedas de 400.000 euros e pendentes apelacións a sentencias que sumarían cinco millón de euros en contra da institución.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/04/2012 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

"Temos o compromiso de difundir a figura de Camilo José Cela". Este foi un dos argumentos utilizados polo presidente da Xunta para defender o control que o Goberno galego pasará a ter da fundación do escritor."É un compromiso respetuoso, necesario e responsable", destacou Fejóo tras o Consello da Xunta deste xoves.

None

 

A partir da súa integración no sector público, o padroado da fundación pasará a ser presidido polo conselleiro competente na materia de cultura, neste caso Xesús Vázquez. Así mesmo, a composición do padroado pasará a estar formada por dez membros propostos pola Xunta de Galicia. Ademais, serán membros natos o alcalde do Concello de Padrón, o reitor da Universidade de Santiago de  Compostela e os presidentes das catro deputacións provinciais. Doutra banda, haberá un membro designado polo Rei, un pola Universidade de Santiago de Compostela e outro pola Universidade Camilo José Cela. 

 

"Necesaria"

 

Núñez Feijóo cualificou esta medida como "necesaria" e destacou que, deste xeito, "dase cumprimento a un acordo parlamentario" entre PP e PSdeG. Sen embargo, non se quixo pronunciar se todo o legado da obra de Cela permanecerá na súa ubiación actual, na casa-museo do autor en Iria Flavia ou será trasladada á Cidade da Cultura. " O máis importante agora é preservar o legado do premio nobel", dixo, "para o que estea en Galicia, quede en Galicia".

 

Tampouco se quixo pronunciar o presidente galego sobre o custe desta operación. "Rebaixaremos os gastos e invertiremos o mesmo que invertimos noutros anos", respondeu sen concretar cifras. O orzamento da fundación para este ano foi de 450.000 euros, entre os que se atopan achegas púbicas e privadas, entre as que se atopan as de Novagalicia Banco. 

 

Con todo, son as administracións públicas --concello de Padrón, as deputacións e a Xunta-- as que manteñen o 90% do financiamento desta institución, principalmente, o goberno galego que aporta máis do 50% da cantidade total.

 

Débedas

 

Ademais, nos últimos anos, a fundación acumulou unha débeda cercana aos 400.000 euros e tamén está pendente de que se resolvan as apelacións que a presidenta do patronato,  Marina Castaño, fixo contra as sentencias que obrigan á insitución a pagar 3,9 millóns de euros pola súa situación contable e 1,1 millóns ao fillo do Nobel galego.

 

Unhas cifras que, de terse que executar, terían que saír do capital do que dispón a fundación; aproximadamente 12 millóns de euros, que é a cantidade na que está cifrada os bens mobres da fundación e os inmobres, entre os que se atopan cadros de Picasso e de Miró.

 

Por iso, a Xunta non descarta levar todo o legado á Biblioteca Amércia da Cidade da Cultura. Unha posibilidade da que xa falara o ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en varias ocasións e que provocou a reacción imediata do concello de Padrón. uns e outros sectores da poboación. 

 

Plan de axuste

 

A Xunta asinou en 2010 un convenio coa fundación para participar de forma máis activa no seu financiamento, achegando máis do 50% dos seus ingresos. Desta forma, a fundación comprometeuse a realizar un plan de axuste económicofinanceiro para garantir a súa estabilidade financeira e un axuste máximo das previsións de gasto ás previsións de ingresos no período 2011-2015; tras o que o ente pasaría a ser fundación do sector público.

 

A fundación foi constituída con data do 14 de xullo de 1986 co fin de promover o estudo da obra de Camilo José Cela e conservar o seu patrimonio cultural, humano e aínda anecdótico. Un dos seus obxectivos é, ademais, estender o coñecemento xeral da obra e patrimonio do Nobel galego, así como de todas aquelas actividades dirixidas ao fomento da cultura.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

¿E pa que vale esta Fundición, aparte de fundir cartos públicos? Si o que queren e difundir a obra de Cela ¿cantos millons de libros se editarían cos cartos que levan despilfarrados? Claro que entón non irían a parar aos bolsillos de militantes, familiares e amigos do ppartido. Ahora colocarán a uns cantos militantes, amiguetes e algún ex (sociata tamén pa que non haxa queixa) e a seguir chupando-despilfarrando, que como se dixo sempre: "paga o Estado, son cartos do Estado" e se non hai recortamos un pouco mais.

1 Tocatelasbolasmanolito

Podían encargarse tamén a autopista AP-9 que segundo AUDASA, non lles da cartos...AH non! que é rentable, aquí solo 'socializamos' as débedas, as ganancias non.