Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2019 | Actualizada ás 17:11
Un home de 83 anos de idade, con identidade M.O.L., faleceu na mañá deste sábado debido a un atropelo producido na avenida Benito Vigo da Estrada (Pontevedra), á altura do Concello.
Fontes sanitarias explicaron que o suceso tivo lugar sobre as 9,30 horas deste sábado na rúa situada fronte ao Consistorio da localidade.
Ao momento acudiu unha ambulancia asistencial con base na Estrada e un médico de urxencias do PAC da Estrada. Ademais, tamén foi activado o helicóptero de Urxencias Sanitarias.
As mesmas fontes indicaron que, no lugar, os efectivos sanitarios tentaron reanimar ao home, que estaba inconsciente. Con todo, o home faleceu.
Pola súa banda, o 112 Galicia, que recibiu o aviso dos efectivos sanitarios, indicaron que no operativo tamén participaron os bombeiros do Deza, o GES da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.