Trasladan dous feridos por un accidente ocorrido en Lobios

Os efectivos sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias evacuaron a un dos afectados nun helicóptero medicalizado con base en Ourense, mentres que o outro foi levado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2019 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

Un accidente entre tres motos ocorrido pasado o mediodía deste sábado na OU-540 ao seu paso por Lobios saldouse con dúas persoas feridas que tiveron que ser evacuadas, unha delas en helicóptero medicalizado.

Segundo informa, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 tivo constancia do sinistro sobre as 12,45 horas, cando varios particulares chamaron para solicitar axuda para dous motoristas.

Unha vez no punto do accidente, os efectivos sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias evacuaron a un dos afectados nun helicóptero medicalizado con base en Ourense, mentres que o outro foi levado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Ademais do 061, os xestores do 112 solicitaron a colaboración do GES de Lobios, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de estradas.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: emergencias.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta