O BNG da Coruña denuncia o "mal funcionamento" da planta de Nostián

Os nacionalistas piden ao goberno local unha "solución definitiva" á acumulación de residuos e a súa "adecuación á legalidade".

Por E.P. | A CORUÑA | 07/09/2019 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, denuncia o "mal funcionamento" da planta de tratamento de residuos de Nostián e pide ao goberno local unha "solución definitiva" á acumulación de residuos e a súa "adecuación á legalidade".

Así o fará constar o edil nacionalista nunha pregunta que presentará no pleno municipal do próximo xoves e a través da cal proporá que se fabrique na planta un compost "aceptable" desde o punto de vista ambiental.

E é que, segundo destaca o Bloque, a modernización de Nostián para que se alcance "o máximo grao de reciclaxe posible" é unha das propostas que levou a formación nacionalista no seu programa para as eleccións municipais do pasado 26 de maio.

Francisco Jorquera (BNG)
Francisco Jorquera (BNG)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta