A V edición do Festival Intercultural 'Compostela Convive' estará presente na Alameda compostelá

A iniciativa inclúe a degustación de comidas típicas tradicionais dos países participantes e unha segunda parte de actuacións musicais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2019 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A Alameda de Santiago acolle este domingo a quinta edición do Festival Intercultural do programa 'Compostela Convive', no que participarán países como Paraguai, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela e a República Dominicana.

Segundo destacou o Foro Galego da Emigración, esta actividade cultural inclúe accións destinadas á inserción sociolaboral e a promoción da interculturalidad.

A iniciativa, subvencionada pola concellaría de Política Social, inclúe a degustación de comidas típicas tradicionais dos países participantes e unha segunda parte de actuacións musicais.

Así, participarán varios artistas invitados e grupos de danza folclórica tradicional e outras actividades culturais. O evento terá lugar a partir das 14,00 horas.

Alameda de Santiago
Alameda de Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta