82.800 fogares galegos con todos no paro

Os datos proban que a reforma laboral acelera o ritmo da destrución de emprego. Dende que goberna Feijóo, o paro subiu máis no país que en España.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 27/04/2012 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de 2012 deixan en Galicia  uns resultados moi preocupantes: perdéronse no último trimestre 22.400 empregos, e o desemprego incrementouse en 25.200 persoas, un 10,48%; ademais, hai 82.800 fogares con todos os seus membros activos en paro.

A taxa de desemprego sitúase neste trimestre no 20,18% (265.600 persoas sen traballo), 2,85 puntos máis respecto do primeiro trimestre do ano 2011 —hai 39.100 persoas desempregadas máis. As mulleres desempregadas son 17.300 máis que hai un ano e os homes, 21.800 máis. A taxa de paro feminina deste trimestre elévase ata o 20,56% e a masculina, ata o 19,85%.

Por sectores de actividade e en comparación co anterior trimestre, destrúese emprego en todos eles agás na agricultura, que suma 900 persoas empregadas máis. A destrución de emprego entre este trimestre e o anterior é a seguinte: nos servizos 13.800 persoas menos, a industria perde 3.100 empregos e a construción, 6.400 (a maior caída da ocupación cun 7,41%).

Os datos da contratación recollidos na epa neste primeiro trimestre de 2012 tampouco son positivos. Diminuíu o número de persoas asalariadas en 23.600 (o 2,81%), un dato peor se a comparación a facemos co mesmo trimestre do pasado ano, pois nese caso a baixada é dun 2,98% (que serían 25.100 persoas asalariadas menos). No emprego indefinido prodúcese un descenso do 0,50% no último trimestre (3.200 persoas menos con contratos indefinidos); e en comparación co primeiro trimestre do 2011, a caída é maior: 11.200 menos, un 1,74%.

None

Comisións

Segundo Maica Bouza, secretaria de Emprego de CC OO, a reforma laboral trae menos emprego e máis paro. "Os datos da epa publicados hoxe reflicten que, como denunciabamos desde CC OO, a reforma laboral non conseguiu variar a negativa tendencia do emprego en Galicia", critica central. Comisións ataca a Feijóo porque "insiste en obviar as medidas que contribuirían a recuperar a actividade económica, único camiño posible para a recuperación do emprego".

O citado sindicato alerta que os recortes previstos nos orzamentos ou os xa postos en marcha na sanidade e no ensino van supoñer unha mingua de dereitos da cidadanía e van incidir aínda máis na destrución de emprego.

Comparativa co Estado

En  España os parados suman 5.639.500 persoas, unha cifra nunca vista na economía estatal. A taxa do parto estatal é do 24,4, catro puntos máis que en Galicia. Andalucía, Cataluña e Madrid lideran por volume a destrución de emprego.

Con todo, as cifras proban que o paro subiu na autonomía máis que no Estado dende que goberna de novo o PPdeG. Así, no terceiro trimestre de 2009 a taxa de paro de Galicia era do 12,4, 8,14 puntos menos que hoxe. No mesmo período no Estado o paro medrou 6,51 puntos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Un galego disposto a todo

Mentras en Marbella exiasten vendedores de coches con prezos de ata 80 millóns das antigas pesetas. e casa de ata 10 e 20 millóns de uros. Un vendedor deste confesaba na TV que cartos, cartos hai a patadas e que pasa é que só os teñen uns cantos. Canto pagan de impostos eses cantos, Sr. Rajoy? Cando se pranta en Bruxelas esixindo a desaprición dos paraisos fiscais e que as empresas que levan a súa producción a paises africanos (léase Inditex, por exemplo) coticen aquí no momento en que a mercadoria entre en España? Por que non se vai e deixa que goberne alguén que non teña nacido pisando moqueta? Por que non manda ao seu ministro de economía? Como se atreveu a traer a un personaxe con esa historia detrás para que nos diga que temos que apretar o cinto? Realmente vde. sí que foi un fraude auténtico. Parecia un tipo honesto e resultou ser un bluf, igual ca o ministro de xustiza; menudo senvergoña que saiu!!

2 galegoexiliado

Sí, pero ningún deles vota ppoppular. O PePe coida da familia.

1 xan soares

non pasa nada, verdade, señores Feijoo e Rajoy, os galegos sempre poden marchar coma sempre. Vostedes sigan ao seu defendendo ao seu lobby PPSOE. www.rankia.com/foros/economia-politica/temas/1223628-tenemos-445-568-politicos-empleados-administracion-publica-casi-doble-segundo-que-italia