O BNG ataca a Feijóo por "desgaleguizar" o sistema educativo

Carga contra as políticas educativas do PP "cada vez máis privatizadas e elitistas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, constatou unha percepción "compartida" cos colectivos ligados ao ensino sobre "a deterioración" da calidade do sistema educativo debido ás políticas do Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo, o que redunda, ao seu modo de ver, en "unha clara redución de dereitos do profesorado e do propio alumnado".

Rolda de prensa de Ana Pontón
Rolda de prensa de Ana Pontón | Fonte: BNG

Tamén aludiu á "desgaleguización" do sistema, á "privatización descarada" e ao "apoio ao ensino privado, mesmo á que segrega por sexo". Como resumo do dez anos de políticas de Feijóo no ámbito educativo, apuntou que "o recorte acumulado de 2.000 millóns no ensino público" coincide "coa mesma cantidade que recibe a privada".

A dirixente nacionalista apuntou ao desembolso de case 760 euros de media por alumno para a 'volta ao cole' en Galicia, co impacto que supón nunha das comunidades con salarios máis baixos e insistiu na recuperación da gratuidade dos libros de texto.

INICIATIVAS

avanzou, coincidindo co arranque do novo curso, que os nacionalistas levarán unha serie de iniciativas ao Parlamento autonómico centradas en mellorar o sistema educativo. Entre elas, proporán "recuperar a gratuidade total" dos libros de texto e reducir o cociente de alumnos por aula en todos os niveis.

"Proporemos recuperar a gratuidade dos libros de texto ao cento por cento e para todo o alumnado, co fin de que volvamos ter a volta ao cole máis barata de España. É un paso importante para avanzar cara a un ensino público totalmente gratuíta", defendeu Pontón, nunha rolda de prensa que tivo lugar este luns no Pazo do Hórreo.

Tras reunirse con representantes do ámbito educativo, Pontón tamén indicou que o BNG se fará eco das súas demandas no Parlamento e pedirá reducir o cociente de alumnos por aula en todos os niveis educativos, despois de que "aumentase coa chegada" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a San Caetano.

Así, dixo que todas as iniciativas do BNG irán encamiñadas a combater a "asfixia" do ensino público "agravada pola Lomce" e o avance cara a un sistema "cada vez máis clasista e elitista". A modo de exemplo, lamentou a sentenza que "avala" que alumnos de bacharelato en Galicia teñan que estudar Relixión se elixen materias como Robótica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Xian do Sil

Anita: Cuantos fillos tes que tanto falas dos coles?

1 Viravento

Sen entrar na falta de respecto do "Anita", ese argumento é tan falaz coma dicir que non pode promover iniciativas en prol dos cegos porque ten ben a vista...

2 Mariña B.

Ela ten os mesmos fillos que o número das túas neuronas, troliño maleducado. E aprende galego, pailán madrillego.