A Plataforma Auga Limpa Xa recolle sinaturas en Portugal para a mellora dos residuos gandeiros na Limia

Activistas da Plataforma Auga Limpa Xa, achegaronse ate Ponte da Lima para recabar apoios na súa reivindicación sobre xestión de auga e residuos de gandeiría industrial.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 09/09/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Os e as membros da Plataforma baixaron a Ponte da Lima, en Portugal, onde recolleron apoios “porque nesa zona xa son moi conscientes do que acontece coa auga, como o están na Baixa Limia e na Limia” din fontes da Plataforma. “O feito é que o río Limia pasa por esta vila portuguesa e xa se deixa sentir o que acontece curso arriba por mor das catro centas macrogranxas instaladas na zona”.

Plataforma Auga Limpa Xa en Ponte da Lima
Plataforma Auga Limpa Xa en Ponte da Lima | Fonte: Auga Limpa Xa

Por outra parte, membros de Auga Limpa Xa, declaran que “comezamos a notar un pouco de conciencia por parte das administracións”. Para a Plataforma isto resulta importante porque “ás veces criminalízasenos dicindo que estamos contra da gandeiría, e nada diso, porque dentro do colectivo tamén hai gandeiros e o único que pedimos que unha granxa que xenere xurros non pode botalos en calquera parcela que atope”.

En relación a isto, tamén a Plataforma apunta que “desde Medio Rural xa se abren mesas de reunións para unha futura lei de xurros”. Para iso convocouse unha nova reunión da Mesa da Limia para o 20 de setembro “onde esperamos achegar posturas”. Sobre a mesa estará tamén a petición dunha moratoria que free a construción de granxas  na comarca. “En ningún momento pedimos o peche de explotacións gandeiras, porque sabemos que o sustento económico de moitas familias son esas granxas, só que cumpran coa xestión correcta dos xurros”.

Por último, sinalan fontes da Plataforma que “as analíticas do Ministerio de Transición Ecolóxica din que hai catro puntos na comarca que están contaminados por nitratos, e tamén en augas superficiais nas Conchas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta