Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/04/2012 | Actualizada ás 10:17
Delegados dp sindicato CIG-Servizos da Coruña concentráronse o 27 de abril diante das instalacións de Isidro de la Cal no polígono industrial do Espírito Santo para reclamar a readmisión de cinco traballadores "despedidos como represalia pola súa participación na folga xeral do 29 de marzo".
A central destaca que a pesar de que a empresa alega razóns económicas para xustificar os despedimentos, esta medida produciuse xusto despois da asemblea organizada polo xefe de produción –ao día seguinte da folga-, na que ameazou con que se ían producir despedimentos.
Na opinión dos sindicalistas, estes despedimentos en ningún caso poden xustificarse por razóns produtivas ou económicas, xa que a empresa, que se dedica á transformación de peixe, continúa a contratar novo persoal a través de ETT´s.
Isidro de la Cal é unha das maiores empresas do país na distribución de produtos pesqueiros. A compañía aínda non fixo pública a súa versión dos feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.