La Voz despide a tres históricos do xornal

La Voz de Galicia fixo unha oferta de saída a tres históricos deste xornal; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano, mentres que recoloca como "colaborador" ao que foi secretario xeral de Medios durante o bipartito, Fernando Salgado.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/04/2012 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia acaba de facer unha oferta para que saían do xornal tres dos seus históricos na Coruña; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano segundo informaron a GC diversas fontes desta empresa. A empresa deulles dez días de vacacións para que mediten sobre esta posibilidade. E é que, tal e como aprobou o pasado ano, o grupo que preside Santiago Rey ten que desfacerse de 75 dos seus traballadores. 

None

 

A oferta realizada é unha indemnización por baixa voluntaria de 35 días por ano traballado, cun tope de 24 meses, o que significa  entre 90.000 e 110.000 euros. Se estes profesionais non aceptan o acordo entón irán a xuízo e a empresa, utilizando a nova reforma laboral aprobada polo PP, alegará razóns obxectivas para os despidos e pedirá só 20 días por ano traballado.

 

Fernando Salgado

 

Ademais, La Voz de Galicia tamén lle ofreceu unha saída ao xornalista Fernando Salgado, aínda que, a diferencia do resto dos seus compañeiros, no seu caso seguiría como colaborador do xornal, aínda que non como traballador e nas condicións actuais. 

 

Estas baixas supoñen o fin de dous suplementos importantes do xornal: Mercados e Monográficos que desaparecen e pasan a integrarse na sección de Economía, que dirixe Sofía Vázquez. Precisamente, Fernando Salgado era o responsable do suplemento Mercados e Félix Soria e Manuel Guisande, encargabanse dos monográficos. Pola súa banda, Pablo Manzano era do departamento de Deseño e Infografía.

 

Máis baixas en Vigo e Santiago

 

Estas baixas súmanse a outras que xa tiveron lugar na Delegación de Santiago, onde La Voz tamén despediu a outros históricos do xornal como Luis Cristovo ou Luis Villamor ou a cinco despidos na Delegación de Vigo. Unhs medidas que se enmarcan dentro do ERE que a empresa puxo en macha o pasado ano para despedir a 75 persoas. Tras abrir un prazo de baixas incentivadas, ás que se sumaron 15 persoas cercanas á edade de xubilación e outras cinco que pediron a excedencia voluntaria, o grupo Voz comenzou a inicios deste ano un proceso de despedimento de traballadores para cumprir eses obxectivos.

 

A estas medidas tamén se lle suman outras de aforro que se puxeron en marcha o pasado ano coa reducción de varias corresponsalías e cambios nos mandos intermedios do organigrama do grupo. Así, Laureano López, pasou de ser delegado na Coruña, a xefe de sección de Galicia e se fusionaron as delegacións de Pontevedra e Vilagarcía, ao frente das que se situou a Manuel Blanco.

 

Traxectoria

 

Durante a súa carreira profesional, Fernando Salgado foi xefe da sección de Economía de "La Voz de Galicia", cargo que abandonou para ser o conselleiro de Economía no Goberno tripartito (1987-89). Posteriormente foi deputado autonómico desde 1989 até 1994 e, por un breve período de tres meses, portavoz do Grupo Socialista.

 

En setembro de 1994 abandonou a Cámara galega para dirixir o diario "O Progreso de Lugo". En 2000, deixou o grupo lucense de comunicación e ingresou de novo en La Voz, para ser o delegado provincial en Lugo. Autor de diversas publicacións, destacan os seus estudos biográficos sobre a figura do escritor e xornalista Lorenzo Varela.

 

Félix Soria é xornalista desde hai 37 anos e 26 deles en La Voz de Galicia. É o responsable do blog Im-pulso. Manuel Guisande, de 53 anos e 26 en La Voz de Galicia, é escritor e guionista. Ademais, conta con premios como Codorniz de Plata da Academia do Humor ou o Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores. Pablo Manzano é deseñador e infografista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

10 Koroshiya Itchy

25 anos a intoxicar e manipular, submissos, para que depois lhes dêem a patada. É duro. Mais pior é as pessoas honestas que não trabalharam nunca ou quase nunca por estarem vetados politicamente. A estes "que les quiten lo bailao". Com as poupanças, os 100.000 ouros e o plano de jubilação mau será que não vaiam tirando mais ou menos confortavelmente. Haverá que mudar um bocadinho o estilo de vida, mas ainda estarão melhor do que o a maioria dos galegos. Para além de que ainda ficam muitos outros media subvencionados de ultra-direita aonde enviar o CV.

1 A. Lestedo

Non son traballador nin ex traballador da Voz, só quixera darlle ás grazas pola súa solidariedade cas vítimas dos despedimentos. Ten vostede razón, sempre hai alguén que está peor, esto memso xa o teñen advertido o presidente do Goberno, a ministra de Traballo e tamén os banqueiros. Agradecémoslle que lembre tan substancial tese.

2 Agrelo

Onde viven os iluminados tipo Koroshiya?

9 Euloxio

Un dos despedidos, Soria, ofrece máis datos no seu blogue: http://im-pulso.blogspot.com.es/201...

1 P. Garcia

Pois agora un grupo de ex traballadores da Voz parecen dispostos a contar o que saben: http://exvoz.canalblog.com/

2 Otro

Excelente iniciativa, ole sus....

8 Alguen

A foderse tocan. A min despedironme do Faro de Vigo. E hai vida despois do xornalismo, dende fai tempo traballo de camareiro nun bar, e non necesito nin prensa,radio, tv e internet para vivir. Xornalismo versus mafia.

7 Quintaniña

E na TVG a cantos van botar agora tra-lo paripé de oposición? Xa despediron a Carlos Portas. A lista de aprobados a fixo Lage Tuñas. A maioría dos que se irán son do PP.

6 Iago

Non coñezo o traballo destes xornalistas na Voz de Galicia, pero aproveito para decir que o blog Im-pulso de Felix Soria pareceme un dos máis interesantes do panorama.