Temas: DIANA QUER

A Audiencia da Coruña prohibe divulgar o vídeo da reconstrución da morte de Diana Quer

Recoñece a "certa crueza" das imaxes e ampara a súa decisión na necesidade de preservar a imparcialidade dos posibles xurados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña emitiu este martes un auto no que acorda prohibir a divulgación por parte dos medios de comunicación, na súa totalidade ou en fragmentos, do vídeo da gravación da reconstrución de feitos practicada durante a investigación da morte de Diana Quer.

Diana Quer nunha imaxe das súas redes sociais
Diana Quer nunha imaxe das súas redes sociais

Esta prohibición fora solicitada pola acusación particular tras ter coñecemento de que un medio de comunicación tiña a intención de divulgalo, e apoiada pola defensa e polo Ministerio Fiscal.

Aínda que a acusación se baseaba para iso no dereito á dignidade da vítima, a Audiencia xustifica esta prohibición na necesidade de preservar na medida do posible a máxima imparcialidade dos candidatos a xurado.

"A eventual exposición prematura dos candidatos a contidos que non deberían coñecer ata o acto do xuízo supón un risco para a súa imparcialidade e carencia de prexuízos", destaca o presidente do Tribunal do Xurado, quen incide en que "o perigo que deriva deste contacto anticipado cun elemento do material probatorio se agudiza ao brindarse o coñecemento da proba fóra do ámbito garantista do plenario".

Así, e aínda que tamén recoñece a "certa crueza" das imaxes en relación á vítima, fai fincapé na "eventual, e non improbable, difusión segmentada e non íntegra da proba e a súa eventual e non improbable presentación nunha contorna de comentarios, explicacións ou valoracións, expresas ou implícitas, que poden afectar negativamente as condicións para o debido desenvolvemento da función atribuída legalmente aos xurados".

Temas: DIANA QUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta