A Xunta estudará permitir a caza do xabaril en terreos queimados en Pontevedra

O executivo galego explica que se valora esta opción debido á concentración de "amplas zonas sen actividade cinexética no sur desta provincia" polos lumes rexistrados, que "pode supor un importante problema á hora de controlar a poboación de xabaril".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural estudará permitir informes favorables "excepcionais" para a caza de xabaril en terreos queimados na provincia de Pontevedra co fin de evitar a súa expansión.

Así llo trasladou este mércores o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, a membros da Federación Galega de Caza en Pontevedra, cos que se reuniu en Santiago.

Nun comunicado, a Xunta explica que se valora esta opción debido á concentración de "amplas zonas sen actividade cinexética no sur desta provincia" polos lumes rexistrados, que "pode supor un importante problema á hora de controlar a poboación de xabaril".

Respecto diso, Medio Rural lembra que a lei de prevención de incendios recolle no seu artigo 44 que os aproveitamentos cinexéticos en terreos queimados quedan prohibidos durante tres anos, excepto autorización expresa.

Xabaril. EUROPA PRESS
Xabaril. EUROPA PRESS | Fonte: UCLM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta