Miles de persoas contra as medidas do Goberno do PP

Xosé Manuel Sánchez Aguión, de CC.OO, critica aos populares por "desmantelar o modelo social" e José Antonio Gómez, de UXT, anuncia que, de seguir por ese camiño, "haberá máis mobilizacións". Pachi Vázquez apoia a protesta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/05/2012 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Unhas 30.000 persoas, segundo as organizacións sindicais, e 14.350, segundo a Policía Local, secundaron, na Coruña, a mobilización central convocada por UXT e CC.OO en Galicia con motivo da conmemoración do Día do Traballador para reivindicar "traballo digno e con dereitos" e en contra dos recortes aprobados polo Goberno.

None

 

Neste sentido, os secretarios xerais destes dous sidicatos volveron a atacar con dureza as medidas postas en marcha polo PP en Galicia e en Madrid por atacar as políticas sociais. Así,  secretario xeral de UXT-Galicia, José Antonio Gómez, reclamou"un cambio definitivo de políticas" e recalcou que os axustes afondan "máis na pobreza e condenan á recesión".

 

"Se o Goberno non rectifica e non abre vías para a canle social, a mobilización vai ser permanente", advertiu, porque "o país necesita consensos sociais e políticos", engadiu. Ademais, cualificou de "dramático" o contexto actual e expresou "a solidariedade" cos desempregados e as familias "nas que non entra ningún ingreso".

 

"Desmantelar" o modelo social

 

Tamén o secretario xeral de CC.OO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, acusou ao Goberno do PP de "querer aproveitar a crise para desmontar o modelo social". Aguión tachou tamén de "dramáticas" as cifras do paro, que atribuíu aos efectos da reforma laboral.

 

Neste sentideo, afirmou que estas políticas "desprezan" ás familias en paro "mentres que se dan agasallos como a amnistía fiscal" aos máis ricos. "Este non é o camiño", insistiu, para quen "hai alternativas para a maioría social", entre as que citou "unha reforma fiscal profunda para que paguen máis os que máis teñen".

 

Pachi Vázquez

 

A manifestación contou coa presenza de representantes políticos, entre eles o secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, e o presidente provincial do PSOE coruñés, Francisco Caamaño, ademais de alcaldes da área metropolitana da Coruña como o rexedor de Oleiros, Angel García Seoane, de Alternativa dos Veciños.

 

 A protesta transcorreu sen incidentes e con continuas proclamas contra o Goberno. "Onde están, que non se ven, os empregos do PP?" foi un das lemas máis coreados durante a manifestación, que concluíu coa lectura dun comunicado con críticas aos recortes do Goberno e aos Orzamentos Xerais do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 Manolo2

Este es una muestra de los que fueron a la manifestación proletaria. Viva el sindicalismo de clase. Abel Caballero utiliza el coche oficial para asistir a la protesta. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 anti trolls

Abel Caballero é sindicalista? ou foi a titulo persoal? que eu saiba non lle prohiben a asistencia a ninguén. Para ir de argallante cun minimo de efectividad, compre ter algo mais de clase e intelixencia.

7 Martxosa

Señors de GC: milleiros de persoas bótanse á rúa na Galiza para exixir "un traballo e unha vida dignas". A CIG mobiliza ao redor de 60.000 manifestantes neste 1º de Maio, contra os recortes sociais da dereita española A concentración máis multitudinaria foi a de Vigo, 35.000 traballadoras/es secundaron a protesta da central nacionalista

1 Lubre

Martxosa, acaba vostede de pór o dedo nunha pequena chaga de GC. Faise voces de 70.000 mil manifestantes de CCOO e de UGT de España e, imitando a ínclita TVG (vaia modelo!!!), pasa practicamente por alto os 60.000 da CIG de Galicia. Non o entendo.

2 viva o pluralismo

Falso. GC lle adica unha información exclusiva a mani da CIG na Coruña. http://www.galiciaconfidencial.com/... Tedes tres alternativas, deixar de facer o ridículo, ler antes de criticar ou debater nos foros de Sermos Galiza, periódico oficial da UPG no que, por certo, nin se informa de calquera outra manifestación que non sexan as da CIG.

6 Carballeira

Este medio; GC xa se ve de que lado está, cos sindicatos Españolistas. Outra Coz máis.

1 Marcos I. Paz

Para Pedra Furada, Carballeira, Galiza Confidente. Eu aprecio a GC porque conta as cousas moleste a quen moleste, sexa aos líderes da U, do PP, de Causa Galiza ou aos do NPC. O de escribir 80 comentarios con diferentes alcumes está moi visto e canta de lonxe, non somos parvos. Se queres lanzar campañas tóxicas na Rede, aconselloche que uses o sistema de comentarios de sermos galiza ou que polo menos non te inventes persoalidades.

5 galegoexiliado

Uns poucos miles, a maioría con emprego, delegados sindicais, funcionarios, políticos (algún alcalde en coche oficial)... ¿e donde están os douscentos mil desempregados? ¿na casa esperando que os sindicatos lles arranxen a sua vida?¿facendo horas extras?¿ou agradecendo a Mariano a felicidade dos recortes?. Mellor non sabelo.

1 Brincadeira

Xa sabes, seguen a consigna da dereita, do sistema...é dicir do GRAN CAPITAL de que todos os partidos e sindicatos son iguais. BEEEEEEEEE!!! Segundo eles isto non ten solución e non hai outro modelo económico e social mellor. Magoa na desaparición paulatina de bandeiras galegas nas manis de CCOO e UGT en Galiza.

4 Coruñes

Que compañías (Caamaño e outros sociatas distinguidos) que nivelón sindical. Eu negarialles a eses recortadores o direito a manifestarse ao meu lado, isto da unha ideia da coerencia dos sindicatos españois.