Miles de persoas contra as medidas do Goberno do PP

Xosé Manuel Sánchez Aguión, de CC.OO, critica aos populares por "desmantelar o modelo social" e José Antonio Gómez, de UXT, anuncia que, de seguir por ese camiño, "haberá máis mobilizacións". Pachi Vázquez apoia a protesta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/05/2012 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Unhas 30.000 persoas, segundo as organizacións sindicais, e 14.350, segundo a Policía Local, secundaron, na Coruña, a mobilización central convocada por UXT e CC.OO en Galicia con motivo da conmemoración do Día do Traballador para reivindicar "traballo digno e con dereitos" e en contra dos recortes aprobados polo Goberno.

None

 

Neste sentido, os secretarios xerais destes dous sidicatos volveron a atacar con dureza as medidas postas en marcha polo PP en Galicia e en Madrid por atacar as políticas sociais. Así,  secretario xeral de UXT-Galicia, José Antonio Gómez, reclamou"un cambio definitivo de políticas" e recalcou que os axustes afondan "máis na pobreza e condenan á recesión".

 

"Se o Goberno non rectifica e non abre vías para a canle social, a mobilización vai ser permanente", advertiu, porque "o país necesita consensos sociais e políticos", engadiu. Ademais, cualificou de "dramático" o contexto actual e expresou "a solidariedade" cos desempregados e as familias "nas que non entra ningún ingreso".

 

"Desmantelar" o modelo social

 

Tamén o secretario xeral de CC.OO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, acusou ao Goberno do PP de "querer aproveitar a crise para desmontar o modelo social". Aguión tachou tamén de "dramáticas" as cifras do paro, que atribuíu aos efectos da reforma laboral.

 

Neste sentideo, afirmou que estas políticas "desprezan" ás familias en paro "mentres que se dan agasallos como a amnistía fiscal" aos máis ricos. "Este non é o camiño", insistiu, para quen "hai alternativas para a maioría social", entre as que citou "unha reforma fiscal profunda para que paguen máis os que máis teñen".

 

Pachi Vázquez

 

A manifestación contou coa presenza de representantes políticos, entre eles o secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, e o presidente provincial do PSOE coruñés, Francisco Caamaño, ademais de alcaldes da área metropolitana da Coruña como o rexedor de Oleiros, Angel García Seoane, de Alternativa dos Veciños.

 

 A protesta transcorreu sen incidentes e con continuas proclamas contra o Goberno. "Onde están, que non se ven, os empregos do PP?" foi un das lemas máis coreados durante a manifestación, que concluíu coa lectura dun comunicado con críticas aos recortes do Goberno e aos Orzamentos Xerais do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

3 Robin das Carballeiras

Apenas fai catro meses máis ou menos, houbo unhas eleccións e a xente votou maioritariamente ó PP (moitos parados e empregados en precario, seiscentos-euristas incluidos), senón non sacarían a maioría que teñen agora). E preguntome eu: ¿qué COJONES esperaban ou pensaban?. A estos puxémolos entre todos no poder (ainda que agora parece que fai pouco nadie votou ó PP. Pois eso, a sacar conclusións para a próxima e non votar tan a lixeira. Por unha temporada me parece que toca fodernos, senon non os votaramos.

2 Xanc

Sodes a bomba! A CIG non existe, ou? En Vigo levan tanta xente coma UGT e Comisións xuntas e nin a nomeades...

1 ceguiño

Pero meu. Ti non ves ben? http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 xandocas

Para a publicidade xa tedes o sermos que para iso o tedes ben untado

1 aaaaaaaaaag

Este xornal so fala da CIG e do BNG para botar merda.

1 Uno de Pontevedra

Pero que dices si este periodicucho es la biblia de los nazional-socialistas