A Xunta urxe a Endesa unha reunión sobre a central das Pontes e demanda ao Goberno medidas "concretas"

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, informou de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu unha reunión "canto antes" con Endesa para abordar o futuro da central térmica das Pontes (A Coruña).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2019 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, informou de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu unha reunión "canto antes" con Endesa para abordar o futuro da central térmica das Pontes (A Coruña).

Reunión de Ethel Vázquez con representates de traballadores da central das Pontes e Valentín González Formoso
Reunión de Ethel Vázquez con representates de traballadores da central das Pontes e Valentín González Formoso | Fonte: Europa Press

Así o avanzou este venres, tras reunirse en Santiago con representantes dos traballadores e transportistas da central, así como co presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso.

A conselleira reclamou ao Goberno que poña en marcha "medidas concretas" en favor desta planta, que pasen por "exencións fiscais" para a compañía por realizar investimentos co obxectivo de cumprir a directiva europea de emisións industriais, así como eliminar o "céntimo verde" e activar "retribucións específicas" para o uso de biomasa forestal. E é que cre necesario apostar por unha central de biocombustibles para o futuro, "con alternativa enerxética".

Nesta liña, Ethel Vázquez lamenta que a "paralización" da central térmica, que aprazou investimentos previstos en dous dos seus catro grupos xeradores, "está a afectar de forma directa a 750 familias".

Así mesmo, require á ministra de Transición Enerxética, Teresa Ribera, unha reunión, mentres se apela a unha transición "xusta e ordenada", no marco dunha "unidade de acción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta