Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/09/2019 | Actualizada ás 13:28
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, será nai. A líder do Bloque Nacionalista Galego anunciou este domingo que está embarazada de 18 semanas.
"Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou vivindo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoito semanas!! Non podía ser máis feliz", expresou en Twitter.
Pontón recibiu numerosos parabéns, tamén dos seus adversarios políticos, entre eles o presidente da Xunta e líder do PPdeG Alberto Núñez Feijóo, o líder de Anova Antón Sánchez, o ex-alcalde de Compromiso por Galicia de Lalín Rafael Cuíña ou Luís Villares, portavoz de En Marea e do Grupo Mixto no Parlamento galego, entre outros.
Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou vivindo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoito semanas!! Non podía ser máis feliz🥰🥰
— Ana Pontón (@anaponton) September 15, 2019
Parabéns, Ana! Unha gran noticia. Pola miña experiencia, que a familia medre é a mellor das decisións e a maior das alegrías. Que vaia todo ben! Unha aperta. https://t.co/XzDF1yCv45
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) September 15, 2019
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.