Feijóo presume de que Galicia está mellor que Cataluña

O presidente galego asegura que non lle pedirá "máis axuda" aos galegos para financiar a sanidade. Insiste en que as contas galegas están mellor que a doutras comunidades que apostan por esa medida, como a catalana.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 03/05/2012 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

"Cos datos presupuestarios que temos Galicia pode permitirse non pedirlle axuda aos usuarios da sanidade pública". Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta ao ser preguntado pola posibilidade, que xa avanzaron certos altos cargos de sanidade tal e como publicou GC, de que os galegos teñan que pagar polo menú dos hospitais mentres están hospitalizados.

None

 

E para manter esta afirmación botou man dos balances económicos e fiscais da comunidade e suliñou que Galicia ten un 1,6% de déficit público o que lle dá "marxe e posibilidades" para evitar esta medida posto que "só" terá que "reaxustar" a súa capacidade orzamentaria en 69 millóns de euros.

 

Comparación con Cataluña

 

"Outros", dixo en alusión a Cataluña, "teñen que cadrar 4.000 millóns e terán moitas dificultades para manter o déficit", suliñou en relación á proposta de Artur Mas de que se paguen cinco euros por estancia hospitalaria. "Non vou a criminalizar a un presidente que fai propostas para manter o sistema de saúde, hai que preguntarlle a el e corresponde xulgarlle á sociedade catalá", indicou.

 

En todo caso, e preguntado sobre se Galicia baralla facer pagar polos menús hospitalarios, aclarou que a Xunta "non pedirá axuda" aos galegos para isto. "Se a situación de Galicia fose distinta, se cadra, si habería que expor un copago neste tipo de servizos non clínicos", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

18 O Principe dos Mouros

Eu estou de acordo. É certo que esteamos mellor ca Cataluña. Despois de tódolos dispendios (Cidade da Cultura, Portos exteriores da Coruña e Ferrol, obras do Ave, autovías, etc) Galicia ten unha débeda de 7 millóns fronte á débeda catalana de CORENTA MILLÓNS! Pero é que aquí levámoste padecendo CATRO ANOS FEIJÓO! Levámoste padecendo xa moito tempo! Se Galicia está tan ben por que continúas cos retallos?! O retallos son ideolóxicos!

1 aldeano

A débeda dos cataláns é débeda de ricos. Deben moito, sí. Pero tamén teñen moito máis. As contas galegas son tan xustiñas que si se desvían un chisco hai que botarlle o cierre a Comunidade. Esa, creo, é a realidade económica. Con todo en Galicia vívese mellor.

2 O Principe dos Mouros

Coidas? A Comunidade de Madrid ten a mesma poboación ca nós e débenche vinte millóns, segundo La Voz de Galicia. Eu non che sei como é que teñen ese nivel de vida.

3 aldeano

As comparacións son odiosas e máis nun patriotero españolista de pacotilla como Feijoo. Nin galeguista nin españolista: bilinjui. O mal doutros só consuela aos tontos.

17 Parvo

Transparencia? jaaaaaaa http://www.elconfidencial.com/espan...

16 Lino

canto colonizado mental ten Galiza! son tan "pardillos" que ignoran que utilizan a falla de autoestima como medio de masedume. e aborregamento. Pois en este caso ten razón Feijóo. Eu vivin en Catalunya 15 anos, e un traballador galego ten un nivel e calidade de vida superior ao seu homonimo catalan. As cibdades dormitorio do cinturon industrial son coma campos de concentración, sanidade e servizos están peor que aquí...só no tratamento da sua lingua hai certa ventaxe a favor de Catalunya, mais o estado e uso da lingua catalana en Barcelona e cibdades industriais está en peores indices que as cibdades galegas.

15 galego

Estou de acordo totalmente con "Abraiado". É evidente que Feijoo non sae dos platós e despachos dos poderes madrileños, mais notase que non viaxa a Catalunya. Son galego de corpo e alma, e amo ao meu País pola vida. Houbo un tempo no que viaxaba amiudo a Barcelona por motivos de traballo, e convivia tempadas con compañeiros cataláns. Doeme, e doeume sepre recoñecer os anos de vantaxa que lle leva Catalunha a Galiza en todo: conciencia nacional, idioma, cultura, deporte, turismo, empresa,etc,.... e ven este "pailan" decindo estas cousas. ¡Que baixo cae o Noso País elexindo a estes gobernates!

1 uncalquera

bravo, por ti e por abraiado. Totalmente d'acordo.

2 Lino

O uneco que é evidente, é que estades cegos no coñecemento da irrealidade catalana.

3 anti trolls

Esqueceute nomear os anos que nos levan de ventaxe en delincuencia e prostitución, paspán.

14 Abraiado

Isto é para darse cabezadas contra dunha parede. Fai moitos anos, eu penso que desde sempre, os galego emigrabamos entre outros sitios para Catalunya a colocar ladrillos, barres as rúas, limpar wateres, et. Os cataláns que viñan aquí facíano de turistas ou para dirixir algunha empresa ou montar algunha industria (o xermolo da industria conserveira galega foi montada por cataláns que senon eu penso que ainda estariamos pescando sardiñas con anzois). Hoxe en día os xóvenes da nosa nación seguen a emigrar a todas partes, tamén a Catalunya, para COLOCAR LADRILLOS, BARRER RÚAS, LIMPAR WATERES, ETC. Os cataláns que emigran a galiza fano para ocupar postos directivos en empresas que moitas veces tamén son catalanas. Ainda non coñezo aningún catalán que emigre a Galiza para colocar ladrillos, barres rúas ou limpar waters. Bueno en algo si que avanzamos ahora todos estos traballos YA TE TENEMOS LA PREPARACIÓN NECESARIA PARA HACERLOS EN CASTELLANO.

1 Antitrolls

o que abraiNTE e como podes vivir con tan pouca vida neuronal no cerebro. SUBNOR...

2 Severino

pescar sardiñas con anzos! o paifocas este ignora que os galegos inventamos os centros comerciais (tendas de coloniais en América a semellanza das tendas de todo de Galiza) e o futbolin. Qué inventaron os catalans? gili

3 Racional

Para Lino, AntriTrolls e severino. Veo que la única forma que tenéis para rebatir los argumetos de Galego y Abraiado es el insulto grosero y palete. A veces hasta se puede insultar con cierta elegencia aunque para ello hacen falta neuronas activas no bocas llenas de mierda. Particularmente pienso que tienen bastante o más bien mucha razón en lo que dicen. El nivel de renta es el que es en cada comunidad (hecho objetivo), el volumen de captación de inmigrantes es el que es en cada sitio (hecho objetivo), de Galicia a Cataluya sienpre existió un importante flujo migratorio sobre todo para realizar trabajos de los denominados "bajos 0 poco o nada cualificados (hecho objetivo) de Cataluña a galicia no existe emigración, sólo de altos directivos o personal cualificado y turistas en vacaciones (hecho objetivo)...... A rebatir todo esto que es lo que estan diciendo los anteriores. NO son reflexiones tan complicadas, digo yo

4 O Principe dos Mouros

En GALEGO, por favor! Tamén tedes a débeda meirande de tódolos territorios. En que gastastes os cartos, intérpretes Spanish-Catalan?

5 O Principe dos Mouros

Ah, tamén nos levades moita vantaxe no que a integrismo islámico se refire. Vides aquí a falarnos o castelán e logo pedides que os galegos que van traballar alí aprendan catalán. Se vés aquí de chovinista ensimesmado a denigranos, e a lembrármonos o atrasados que estamos e o parvos e inútiles que somos, ten polo menos, a decencia de facelo na lingua nosa!

6 Racional

Principe dos Mouros: por ahora tengo alguna dificultad en escribir en galego y como aquí si tardas un poco se borra todo pues tengo que hacerlo en castellano. En todo caso son galego e español (bueno, español a forza porque por moito que digan Galiza é una nación sometida). La historia es la historia, esta ahí.

7 O que faltaba

Non entendo porque te pos así Principe dos Mouros porque Racional dalle a razón a Galego e a Abraiado e os tres teñen máis que razón. Os dous primeiros din o que pensan desde aquí e Racional non sei se o dí coma galego ou non pero as verdades son o que son, verdades. Racional penso que o que dí dio dunha forma totalmente positiva e de ningún xeito ofensiva. Que tí o entendas así e problema teu pero penso que te equivocas.

8 Chocheo

Estamos ben. O que hai é o que hai. Aquí parece que alguén se ofende porque parece que unn que nos canta as cuarenta faino en outra língua e, aparentemente desde fora (e en todo caso parece que non desde madrid). Agora ben sae o Freijo dicindo e escribindo ó dictado o que lle din desde madrid e iso non ofende, votámolo. con dous collóns.