Feijóo presume de que Galicia está mellor que Cataluña

O presidente galego asegura que non lle pedirá "máis axuda" aos galegos para financiar a sanidade. Insiste en que as contas galegas están mellor que a doutras comunidades que apostan por esa medida, como a catalana.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 03/05/2012 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

"Cos datos presupuestarios que temos Galicia pode permitirse non pedirlle axuda aos usuarios da sanidade pública". Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta ao ser preguntado pola posibilidade, que xa avanzaron certos altos cargos de sanidade tal e como publicou GC, de que os galegos teñan que pagar polo menú dos hospitais mentres están hospitalizados.

None

 

E para manter esta afirmación botou man dos balances económicos e fiscais da comunidade e suliñou que Galicia ten un 1,6% de déficit público o que lle dá "marxe e posibilidades" para evitar esta medida posto que "só" terá que "reaxustar" a súa capacidade orzamentaria en 69 millóns de euros.

 

Comparación con Cataluña

 

"Outros", dixo en alusión a Cataluña, "teñen que cadrar 4.000 millóns e terán moitas dificultades para manter o déficit", suliñou en relación á proposta de Artur Mas de que se paguen cinco euros por estancia hospitalaria. "Non vou a criminalizar a un presidente que fai propostas para manter o sistema de saúde, hai que preguntarlle a el e corresponde xulgarlle á sociedade catalá", indicou.

 

En todo caso, e preguntado sobre se Galicia baralla facer pagar polos menús hospitalarios, aclarou que a Xunta "non pedirá axuda" aos galegos para isto. "Se a situación de Galicia fose distinta, se cadra, si habería que expor un copago neste tipo de servizos non clínicos", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

8 disquedisque

Penso que presupuestariamente Galicia sí pode estar mellor que Cataluña. Pero os números das familias galegas seguro que non son os das catalanas. Son bastante piores. As políticas económicas da Xunta non se filtran na sociedade!! Festas gastronómicas aparte.

7 desfondacranios

As contas da Xunta están saneadas, menos mal. Xa estou tranquilo, aínda que as miñas contas estean ben fodidas por non ter traballo, xusto dende que este cantamañanas nos dixo que iba a arrejlar o paro nun plisplas. E o de cantamañanas digoo porque son unha persoa moi educada...

6 Gustavo

É o mesmo que di Rafita Cuiña nun artigo neste xornal, que estamos mellor que Catalunya. Debeullo soplar o espectro de Fraga, a quen profesou lealdade mesmo post-mortem. Viva a propaganda pepeira (Cuiña debeullo oir a algún dos seus ex-compañeiros de viaxe de hai dous días).

5 Un vello galeguista

O que está claro é que os galegos temos que poñernos as pilas e poñer en marcha xa un "banco galego". Non sei por onde hai que comenzar porque non é o meu forte, pero teño claro que se non dispiomos dunha ferramenta así non imos sair do burato nunca. Se todos somos conscientes da situación, se todos nos comprometemos a traballar cunha nova entidade de creto a saida será máis doada. A nós non pode darnos o mesmo ter as pensións, os soldos ou os aforros nun banco calquera que telos nun banco galego?

1 O Principe dos Mouros

Se non hai banco galego, non hai independencia. Escocia emite moeda propia.

2 J. P, Morbo

A moeda escocesa está respaldada polo banco de Inglaterra, e unha moeda igual e de igual valor que a libra esterlina. Partindo de que según as enquisas só un 20% dos escoceses está a favor da independencia, o goberno inglés xa dixo que nin activa nin pasiva ia darlle a independencia. É mais que nada un paripé para que os inxenuos sigan crendo que viven na democracia. Queda claro que o do 1º comentario non ten p. i de como funciona a banca.

3 O Principe dos Mouros

Non. As sondaxes en Escocia están entre o 40 e o 50%, mentireiro. Ti o que queres é que Galicia non emita moeda propia, porque es upyd-eiro. Os irlandeses no seu día só procuraban a autonomía, fóiselles das mans, e mira como acabaron. Nunca se sabe o que pode ocorrer. Se non hai banca pública, non hai independencia económica. Non hai créditos, non hai empresas, non hai traballo, non hai recuperación económica e non imos a ningures.

4 J. P, Morbo

onde cotiza esa tal moeda escocesa? que eu saiba cotiza nos mercados como libra esterlina. Sobre os sondaxes, bueno, non se conforma quén non quere. Sobre a independencia escocesa, dentro de este sistema, o tal referendum vai ter a mesma sorte que o referendum de Irlanda do Norte, que o goberno acaba de decir non vai celebrarse, por eso o renacemento do IRA con atentados, ou non te enteraches dos atentados da semana pasada?

4 O Principe dos Mouros

Está claro que as reformas do goberno do PP son ideolóxicas, porque teñen por onde tirar, sen recortaren dereitos sociais; e porén, non o fan. Non entendo por que recortan tanto se Galicia ten as contas tan saneadas. Dos 7 millons que debe Galicia aos 20 millóns que debe Madrid, coa mesma poboación, aínda temos marxe! Non chegou o momento xa de investir en políticas de crecemento e deixar xa de recortar tanto? Isto é unha ESTAFA! Galicia non precisa recortes nin en sanidade nin no ensino, porque xa os levamos padecendo case 4 anos! Precisamos que agora deteñan a destrución de emprego e invistan nos sectores produtivos, e que non perdan a caixa de aforros. Hai 3 anos había 2 caixas de aforros. Agora non hai ningunha! Se non hai bancos, non hai créditos; se non hai créditos, non hai empresas; e se non hai empresas, non hai traballo!

1 Lino

Algún non se da conta do mundo en que vive. Crear traballo) en qué? abrindo e pechando zanxas? producindo bens materiais? a quén llos vendes? e a un prezo millor cos chineses?. Podes investires en políticas sociais, pero eso reactiva a economía, mais non revaloriza o capital, co cale ou sobes os impostos aos unecos que poden pagalos e ainda non llos sobiron ou hostias? e como fas políticas fiscais expansivas nun mundo globalizado e con paradisos fiscais? Os bancos xa van o seu. Se queres bancos nacionais, industria e agro produtivos i estratexicos ao servizo da cibdadanía, ai amigho pero ai estas falando doutro sistema, de outra película.