Feijóo presume de que Galicia está mellor que Cataluña

O presidente galego asegura que non lle pedirá "máis axuda" aos galegos para financiar a sanidade. Insiste en que as contas galegas están mellor que a doutras comunidades que apostan por esa medida, como a catalana.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 03/05/2012 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

"Cos datos presupuestarios que temos Galicia pode permitirse non pedirlle axuda aos usuarios da sanidade pública". Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta ao ser preguntado pola posibilidade, que xa avanzaron certos altos cargos de sanidade tal e como publicou GC, de que os galegos teñan que pagar polo menú dos hospitais mentres están hospitalizados.

None

 

E para manter esta afirmación botou man dos balances económicos e fiscais da comunidade e suliñou que Galicia ten un 1,6% de déficit público o que lle dá "marxe e posibilidades" para evitar esta medida posto que "só" terá que "reaxustar" a súa capacidade orzamentaria en 69 millóns de euros.

 

Comparación con Cataluña

 

"Outros", dixo en alusión a Cataluña, "teñen que cadrar 4.000 millóns e terán moitas dificultades para manter o déficit", suliñou en relación á proposta de Artur Mas de que se paguen cinco euros por estancia hospitalaria. "Non vou a criminalizar a un presidente que fai propostas para manter o sistema de saúde, hai que preguntarlle a el e corresponde xulgarlle á sociedade catalá", indicou.

 

En todo caso, e preguntado sobre se Galicia baralla facer pagar polos menús hospitalarios, aclarou que a Xunta "non pedirá axuda" aos galegos para isto. "Se a situación de Galicia fose distinta, se cadra, si habería que expor un copago neste tipo de servizos non clínicos", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

3 xavierinho

loxicamente, por eso hai tantos catalans traballando nas multinacionais en Galiza. Galegos en barcelona non hai.

2 DigoEu

Feijoo presume moito do ben que vai Galiza porque temos preto as eleicións. E ata pode ser que, como os galegos somos así de paifocos, parvos e masoquistas, a xente vaia e volte a votar por eles.

1 Antón

Eso está ben, que un goberno neoliberal teñase que comparar con outro neoliberal, para poder salir ben parado. A uneca diferenza é que a Catalunya de CIU-PP ao ter mais poboación, ten mais poboación fodi...(para os neoliberais mais poboación, son mais demandantes de servizos e mais xente para explotar)

1 entreoscaraballos

si upegallo si. que a culpa é dos gobernos neoliberais. Menos mal que onde votan as esquerdasn van como un tiro e o pobo galego e burro

2 Antón

É o sistema, encefalograma plano. O neoliberalismo é unha cara do mesmo sistema capitalista. Existe vida intelixente no planeta altermundista?