Un cento de camións marchan das Pontes ata a Coruña para pedir actividade na central térmica

Denuncian que "os transportistas teñen débedas por encima dos 100.000 euros"

Por E.P. | A CORUÑA | 16/09/2019 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Máis dun centenar de camioneiros iniciaron, cos seus vehículos, unha marcha desde As Pontes ata A Coruña para sumarse a unha concentración convocada este luns, ás 12,00 horas, na cidade herculina "en defensa dunha transición enerxética xusta e do emprego" nesta comarca ante a inactividade na central térmica.

En declaracións a Europa Press, o presidente da Asociación do Colectivo de Transporte do Carbón, Manuel Bouza, cifrou en 130 os vehículos que participan no percorrido para sumarse a unha protesta á que están convocados veciños, sectores afectados e representantes políticos e sindicais.

"Os transportistas teñen débedas por encima dos 100.000 euros", sinalou despois de que hai un ano se lle trasladara o compromiso de carga de traballo na central térmica de Endesa, nas Pontes (A Coruña), segundo sosteñen.

Este colectivo argumenta que levaron a cabo investimentos en vehículos menos contaminantes para o abastecemento de carbón da central, porque non habería "problema" para a continuidade da actividade a pesar das reformas enerxéticas necesarias co fin de adaptarse á normativa europea.

"Son cinco meses sen traballar e os transportistas van as súas casas sen cobrar e sen paro", sinalou ao expor a situación. Con todo, insistiu en que o "problema é xeral", en alusión aos colectivos e comarcas afectadas pola inactividade. "Isto é porque non hai política nin Goberno", sentenciou.

Caravana de camións dos transportistas de Endesa que reclaman carga de traballo
Caravana de camións dos transportistas de Endesa que reclaman carga de traballo | Fonte: Kiko Delgado-EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

E Feijoo e o seu goberno que din! Maniféstasen? Apuntan algo ou meten a cabeza baixo terra?